As Noites
Desde o martes 20 ata o xoves 22 de agosto disputarase en Foz un torneo de baloncesto 3x3 sub dentro do programa de actividades denominado As Noites, organizado polo Concello de Foz. Será no Campo da Cabana desde as 22 horas e poden participar os maiores de 10 anos.
O prazo de inscrición para participar remata ás 14 horas deste martes, día 20 de agosto.
A concelleira de Xuventude en Foz, Zoraida Coira, deu a coñecer a programación das Noites que comeza o vindeiro martes, 9 de xullo, na Rapadoira con volei praia e rematará o 22 de agosto.
As mozas e mozos gozarán de volei e fútbol praia, fútbol sala, baloncesto e wipe out. O volei praia será do 9 ao 11 de xullo; o fútbol sala, do 22 ao 24 de xullo; o wipe out, do 6 ao 8 de agosto; o fútbol praia, do 13 ao 15 de agosto; e o baloncesto do 20 ao 22 de agosto.
As actividades desenvolveranse na Rapadoira e no Campo da Cabana desde as 22:00 horas.
O Concello de Foz destaca que “de 10 anos en adiante están convidados/as a participar das noites máis movidas do verán. Tan só deben inscribirse o primeiro día de cada actividade, antes de comezar”.