Xuventude
O Concello de Viveiro celebrará na madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, a partir das 00:15 horas, unha nova edición da Festa da Xuventude, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela e contará coa actuación da Discomóbil Hermo.
A iniciativa forma parte da programación da área de Xuventude do Concello de Viveiro e conta coa colaboración da Xunta de Galicia. “O obxectivo é ofrecer unha alternativa de lecer atractiva para a mocidade e dinamizar as noites de verán, convertendo esta cita nun punto de encontro para veciños e visitantes”, explica o Concello de Viveiro, que anuncia que “nesta edición a festa contará tamén coa implicación da nova directiva da Sociedade Deportiva Viveiro, que asumirá a xestión da cantina. A recadación obtida destinarase integramente a apoiar o inicio da nova tempada deportiva do club, reforzando así a...
leer másA concelleira de Xuventude en Foz, Zoraida Coira, deu a coñecer a programación das Noites que comeza o vindeiro martes, 9 de xullo, na Rapadoira con volei praia e rematará o 22 de agosto.
As mozas e mozos gozarán de volei e fútbol praia, fútbol sala, baloncesto e wipe out. O volei praia será do 9 ao 11 de xullo; o fútbol sala, do 22 ao 24 de xullo; o wipe out, do 6 ao 8 de agosto; o fútbol praia, do 13 ao 15 de agosto; e o baloncesto do 20 ao 22 de agosto.
As actividades desenvolveranse na Rapadoira e no Campo da Cabana desde as 22:00 horas.
O Concello de Foz destaca que “de 10 anos en adiante están convidados/as a participar das noites máis movidas do verán. Tan só deben inscribirse o primeiro día de cada actividade, antes de comezar”.
O parque de San Francisco acollerá este domingo, día 2 de xuño, pola tarde -de 16:00 a 21:00 horas- o Día da Xuventude, que organiza a Xunta de Galicia.
O Día de Xuventude é un programa promovido pola Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, que está dirixido á mocidade de 12 a 35 anos. Tamén conta cun espazo de construcións, para nenos e nenas de 6 a 12 anos.
Ao longo da tarde haberá gastronomía saudable, lecer educativo, concienciación ambiental, expresión artística, educación en igualdade de xénero e dinamización do entorno, entre outras actividades.
O Día da Xuventude en Ribadeo concluirá coa actuación de Festra ás 20:30 horas.
O concelleiro de Mocidade, Francisco José Silvent, anima a picar@s e moz@s “a achegarse ao parque de San Francisco...
leer másViveiro celebrará este sábado, día 25 de maio, o Día da Xuventude nos xardíns Noriega Varela.
O Concello de Viveiro anuncia que “a festa comezará ás 16:00 e prolongarase ata ás 21:00 horas. Incluirá unha actuación do mozo rapeiro viveirense Xmaseda65, que comezará ás 20:30 nos propios xardíns de Noriega Varela. O artista destaca polo seu son actual e as súas letras en galego. O evento é para mozos e mozas de 12 a 35 anos e está organizado pola Dirección Xeral de Xuventude da Xunta de Galicia”.
A alcaldesa de Viveiro, María Loureiro, convida a toda a xente nova do municipio "a participar desta festa, coa que se pon en valor a importancia da mocidade e de crear eventos dirixidos á mesma".
A Área de Xuventude do Concello de Alfoz organiza unha nova edición das Noites de Campamento durante os días 22, 23 e 24 de agosto. Os rapaces de 13 a 17 anos (nados entre 2005 e 2010) poderán desfrutar de tres xornadas de acampada e actividades de forma gratuíta.
O prazo de inscrición está aberto ata o 14 de agosto e poderase facer tanto na Sede Electrónica como na propia Casa do Concello. As prazas son limitadas por motivos de organización.
Desde o Concello explican: “levaranse a cabo todo tipo de actividades como xogos nocturnos, busca do tesouro, tiro con arco ou piscina”. Os organizadores animan a toda a rapazada a participar nesta aventura.
O vindeiro sábado, 29 de abril, terá lugar en Ribadeo o Día da Xuventude. Será de 16 a 21 horas no parque de San Francisco. En caso de choiva a xornada trasladarase ao pavillón municipal.
Esta programación estaba prevista para o pasado 1 de abril, pero adiouse por mor dos tres días de loito oficial decretados polo Concello tras o accidente de tráfico rexistrado en Xove no que perderon a vida catro mozas e mozos de Ribadeo.
O Día da Xuventude está organizado pola Xunta de Galicia, a través da Consellería de Política Social e Xuventude, conta co financiamento do Ministerio de Igualdade en desenvolvemento do Plan Corresponsables e coa colaboración do Concello de Ribadeo.
Os mozos e mozas participantes poderán gozar dun amplo abano de actividades totalmente gratuítas:
Gastronomía...
O Concello de Viveiro organiza este venres e sábado, días 3 e 4 de febreiro, un Taller de Creación Audiovisual sobre Igualdade e Violencia de Xénero.
"A loita pola igualdade real é para nós unha prioridade de goberno, e nesta tarefa é fundamental a formación das persoas máis novas", asegura a alcaldesa de Viveiro, María Loureiro.
A cita contará co Grupo de Participación Xuvenil do Concello de Viveiro.
O Taller está aberto a rapaces e rapazas de 13 a 17 anos, pero conta con prazas limitadas.
A actividade desenvolverase o venres de 17:00 a 20:00 horas e o sábado de 10:00 a 13:00 e de 16:00 a 19:00 horas.
Para recibir máis información así como subscribirse pódese e acudir á Oficina de Información Xuvenil de Viveiro, chamar ao teléfono...
leer másO Concello de Cervo, a través das delegacións de Educación e Xuventude, programa para a semana que vén, os días 11, 12 e 13 de abril, unhas novas edicións de Enredos e Xuventude.
O xa tradicional programa de Enredos vai dirixido a nenos e nenas de 3 a 12 anos. Estarán divididos en dúas franxas horarias e de idade. As crianzas pertencentes ao segundo ciclo de infantil gozarán das actividades programadas o luns, martes e mércores de 11H a 12:30H, mentres que os de primaria terán a súa quenda de 12:30H a 14H.
As actividades enmarcadas no programa terán lugar no Pavillón Municipal da Veiga e as inscricións xa están dispoñibles, tanto na Casa da Cultura de San Ciprián como no Concello de Cervo.
No referente á Xuventude, o Concello de Cervo organiza para o luns e o martes un torneo de Fútbol 7...
leer másA Concellería de Cultura, Educación e Xuventude de Burela organiza un curso de realidade virtual que se celebrará a última semana deste mes de agosto. O prazo de inscrición remata o día 23.
Esta actividade está dirixida a persoas con idades entre 12 e 35 anos, e terá unha duración de seis horas. As prazas son limitadas e o número máximo será de 14 persoas.
Os interesad@s poden anotarse na Casa da Xuventude de Burela ou no número de teléfono 982 581 141. A inscrición é gratuíta.
O concelleiro de Xuventude en Burela, José Díaz, anima aos interesados a participar nesta actividade e lembra que xa poden formalizar a inscrición desde hoxe ata o día 23 deste mes.
O Concello de Cervo, a través da delegación de Xuventude, programa unha nova edición do programa Cervo a carón do voluntariado.
A iniciativa está dirixida á mocidade de entre 16 e 30 anos. As persoas inscritas poderán colaborar nas diferentes actividades que se programan dende o Concello como os Enredos de Verán ou as Noites Alternativas, participar activamente nas exposicións de carácter artístico, cultural e relacionadas co medio ambiente; e en actividades de animación e promoción de lectura; entre outras.
O proxecto de Acción Voluntaria abrangue ata o 1 de outubro, e cada voluntario colaborará nos programas un máximo de 60 xornadas de 6 horas diarias.
As inscricións son de balde e as prazas son limitadas. Máis información na Casa da Cultura de San Ciprián (982 59 51 57).












