cooperación

09/12/2025

Trabada acollerá este venres, día 12 de decembro, ás 12:00 horas na Casa da Cultura, o coloquio titulado Que raio fai o meu concello en África?, unha actividade organizada polo Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade, entidade coa que o Concello de Trabada colabora.

A sesión contará coa participación de persoas que formaron parte de misións internacionais en distintos países africanos, que compartirán a súa experiencia sobre a realidade social, económica e humanitaria destes territorios e explicarán o labor que realizan os concellos galegos a través da cooperación internacional.

O alcalde de Trabada, Rubén García, destaca que se trata dunha actividade aberta a todos os públicos, “moi enriquecedora para coñecer de primeira man como viven outras comunidades e cal é o impacto directo da solidariedade que exercemos desde...

leer más