Vilaframil
Dentro do programa Seráns de Teatro, que organiza o Concello de Ribadeo, o grupo de teatro A Adala, de Fazouro (Foz), representará a obra titulada Ai señor señor na parroquia ribadense de Vilaframil.
Será este sábado, día 18 de abril, ás 19:30 horas no local da Escola de Vilaframil.
Vilaframil celebrará a súa primeira Comida de Confraternidade este sábado, día 11 de abril, organizada pola asociación de veciñal desta parroquia do municipio de Ribadeo.
As actividades comezarán ás 13:30 horas cunha sesión vermú amenizada por Ángel América, que tamén actuará no tardeo xunto ao grupo ribadense En faldas y a lo loco. Haberá bar e recinto cuberto con carpa.
A reserva de tiques para participar pode facerse ata este mércores, 8 de abril, no teléfono da asociación (636.91.16.42), en Mayva estética ou no Bar Stop.
Vilaframil celebrará os días 8, 9 e 10 de agosto a tradicional festa na honra a San Lourenzo 2025, cun programa que combina gastronomía, relixión e música.
A cita comezará o venres 8 ás 21:00 horas cunha gran churrascada popular servida polo cátering Sarredo da Pontenova, cun menú completo por 25 euros para adultos e 15 euros para nenos entre 3 e 10 anos. Ás 22:00 horas dará comezo a verbena coa orquestra El Combo Dominicano e DJ Alejandro Martínez, poñendo ritmo á primeira noite de festa.
O sábado 9 haberá misa solemne con procesión ás 13:00 horas, seguida dunha sesión vermú coa orquestra Escaparate, que tamén animará a verbena da noite xunto con DJ Conxuro a partir das 22:30 horas.
E o domingo 10 haberá tamén misa con procesión ao mediodía, e a festa pecharase cunha nova sesión vermú...
leer másA asociación veciñal da parroquia ribadense de Vilaframil organiza a súa primeira Festa do Entroido este domingo, día 16 de marzo, a partir das 17:00 horas.
Será na Escola de Vilaframil e estará amenizada pola charanga Aturuxo, de Ribadeo.
“Se ves co teu disfrace participas no sorteo de lotes de produtos e poderás sacar unha foto no photocall”, anuncia a organización.
Haberá merenda de balde para os socios do colectivo organizador e as persoas que non forman parte da asociación deberán pagar 5 euros.
A parroquia de Vilaframil xa ten todo listo para as súas tradicionais festas na honra San Lorenzo. Do 9 ao 11 de agosto poderase desfrutar dunha programación repleta de actividades e música.
O venres, 9 de agosto, a celebración dará comezo cunha churrascada popular ás 21:00 horas. Os tíckets estarán á venda no restaurante El Huerto e no Bar Taller de Ribadeo ata o 5 de agosto. O prezo é de 25 euros e 15 euros para os nenos e nenas de 5 a 12 anos. A continuación, verbena co Grupo Galia e dj Litainer.
O sábado, 10 de agosto, ás 13:00 horas, misa solemne e procesión seguida dunha amena sesión vermú a cargo da orquestra Tokio. Pola noite, verbena coas actuacións da orquestra Tokio e o Grupo Beatriz.
O domingo, 11 de agosto, misa e procesión ás 13:00 horas. A celebración rematará cunha sesión...
leer más







