Día
A Área de Igualdade presenta a programación da campaña Ribadeo Orgullosa 2025, que terá lugar durante o mes de xuño con actividades dirixidas a diferentes públicos, co obxectivo de promover a visibilización, o respecto e a celebración da diversidade.
A concelleira de Igualdade, Begoña Sanjurjo sinalou que “organizar esta programación é tamén unha forma de dicir alto e claro que en Ribadeo cabemos todas e todos, sexamos como sexamos. Queremos un concello onde cada persoa poida vivir con liberdade e sen medo a ser quen é”.
Rosa e azul
A actividade Rosa e Azul está dirixida ao alumnado de 5º e 6º de Primaria dos centros educativos de Ribadeo. A proposta consiste nunha sesión de contos teatralizados que celebran a diversidade e rompen cos estereotipos de xénero e o binarismo imposto desde o nacemento.
O Concello de Burela conmemorará o 8M, Día da Muller, con diferentes actividades que comezarán o día 7 de marzo, venres.
Ese día terá lugar ás 13:00 horas na praza do Concello a lectura do manifesto institucional por esta data. Tamén será a proxección do filme galego ‘O Corno’ ás 20:30 na Casa da Cultura.
Así mesmo, o 7 de marzo comezarán os obradoiros “Solo pelviano” na Praza de Abastos de 10:00 a 12:30. A cita repetirase o 10 de marzo de 17:00 a 19:30. En ambos casos o taller estará impartido pola fisioterapeuta especialista en pelviperineoloxía Lara Bello.
Ao día seguinte, o 11 de marzo, será o obradoiro “Coñece a túa peri/menopausia” de 18:00 a 20:00 no salón de conferencias. Impartirá María González Cociña, directora do centro M.
Ambos talleres serán de...
leer másO Concello de Burela celebrará o Día das Bibliotecas cun taller de creación de marcapáxinasna Casa da Cultura.
Esta actividade está organizada polo Centro de Educación Medioambiental Gaia, e terá lugar este venres, día 25 de outubro, de 17:00 a 19:00.
O Día das Bibliotecas celebrase cada ano o 24 de outubro. Trátase dunha iniciativa impulsada polo Ministerio de Cultura do Goberno de España.
O obradoiro será gratuíto e aberto, e porá o acento na sustentabilidade, empregando materiais cotiáns e reutilizados para crear marcapáxinas personalizados baixo o lema "Por un futuro sostible".
Lina Gómez, Concelleira de Cultura e responsable do Centro de Educación Medioambiental Gaia, convida á veciñanza a "participar desta actividade para promover a lectura especialmente...
leer másXove celebrará o Día da Bicicleta o día 22 de setembro, domingo, desde as 11:00 horas.
A organización do evento anuncia: “o día 22 de setembro de 2024 ás 11 da mañá vamos celebrar o Día da Bici en Xove. As inscricións serán antes da saída e todos os menores de idade necesitarán unha autorización paterna. Para os máis maiores será un percorrido duns 10 quilómetros e para os pequenos farase unha pequena ruta circular. Tamén contaremos con estruturas de pump track na Praza do Concello antes da ruta e haberá un avituallamento ó rematar a ruta e un sorteo”.
A Área de Cultura do Concello de O Valadouro celebra o Día do Neno o vindeiro 9 de setembro.
O luns da próxima semana desenvolveranse diversas actividades ao longo da tarde e haberá inchables, toro mecánico e unha festa da espuma se o tempo o permite.
O evento foi presentado esta mañá co Campo de San Francisco con asistencia do alcalde, Dani Vega, o concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, o xefe comercial de La Voz de Galicia en A Mariña e Ferrol, Luis García, o técnico municipal de Deportes, Iván López, así como representantes das empresas colaboradoras.
A concentración dos participantes está prevista para as 10:30 horas das inmediacións da Casa do Concello. E a saída está prevista para as 11 da mañá. Haberá camisetas de regalo para todos os participantes, así como outros agasallos doados por BeOne, Decathlon, Deportes Docobo, La Moda Sport, Cerezo Bikes, Pillabikes, Club Ciclista Eo e Hola Ola.
O Día da Bicicleta conta co patrocinio de Vegalsa. A xornada está promovida por La Voz de Galicia e RadioVoz.
Desde a Concellería...
leer másA Delegación de Deportes do Concello do Valadouro organiza o II Día da Bicicleta, que se desenvolverá o 17 de agosto.
A saída está prevista para as 17:00 horas A recepción de inscritos e de camisetas de 16:00 a 17:00 horas.
Haberá unha ruta familiar, para nen@s menores de 12 anos, acompañados dun adulto responsable.
Desde a Delegación de Deportes explican: “local social Concepción Arenal (antigo Matadoiro) e explanada para a saída da ruta. Avituallamento a metade de ruta. Sorteo de material deportivo ao final da Ruta”.
Inscrición previa nas oficinas da Casa da Cultura de 9:00 a 13:30 ata o venres 16 de agosto.
O Concello de Burela, o Clube Baloncesto Burela e a SD Burela organizan o próximo 25 de xullo a Festa do Día de Galicia.
A festa comezará ás 20:30 horas na praza do Concello cunha pancentada, que dará paso ás 22:00 horas ao concerto de Lontreira.
“Un día importante no que celebramos o orgullo que sentimos por Galicia e pola nosa identidade, e en Burela queremos facelo cunha festa que implica ao tecido asociativo e deportivo”, asegura a alcaldesa, Carmela López, que agradece “a colaboración das carnicerías, panaderías e doutros establecementos comerciais”.
A concelleira de Festas, Patricia Eijo, engade que “apoiamos todas estas iniciativas das asociacións e clubes de Burela, porque á vez que se enriquece o evento todos podemos desfrutar, como é neste caso, dunha rica pancetada”.
... leer másEste ano o Concello de Ribadeo conmemorará o 28 de xuño, Día Internacional do Orgullo LGTBIQ+, con dúas iniciativas destacadas que buscan sensibilizar á poboación e celebrar a diversidade.
A concelleira de Igualdade, Begoña Sanjurjo, explica que “para sensibilizar e promover unha mensaxe de inclusión, o Concello preparou uns soportes que se distribuirán a todos os establecementos de Ribadeo. Estes soportes levarán unha mensaxe clara: A diversidade enriquécenos sen importar quen sexas e a quen ames. Nesta mensaxe estará o teléfono do servizo Arco da Vella, identificado co número 028, que loita contra a violencia e a LGTBIfobia. En letras grandes e visibles, mostrarase o lema Ribadeo Orgullosa”.
A edil ribadense conta que “ademais ás 21:00 horas no Parque San Francisco, presentarase Feitas ao Sisel: Espectáculo...
leer másO parque de San Francisco acollerá este domingo, día 2 de xuño, pola tarde -de 16:00 a 21:00 horas- o Día da Xuventude, que organiza a Xunta de Galicia.
O Día de Xuventude é un programa promovido pola Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, que está dirixido á mocidade de 12 a 35 anos. Tamén conta cun espazo de construcións, para nenos e nenas de 6 a 12 anos.
Ao longo da tarde haberá gastronomía saudable, lecer educativo, concienciación ambiental, expresión artística, educación en igualdade de xénero e dinamización do entorno, entre outras actividades.
O Día da Xuventude en Ribadeo concluirá coa actuación de Festra ás 20:30 horas.
O concelleiro de Mocidade, Francisco José Silvent, anima a picar@s e moz@s “a achegarse ao parque de San Francisco...
leer más