
O Concello de Barreiros organiza actividades para celebrar o Día das Bibliotecas este venres, día 24 de outubro, e o martes 28.
“Con motivo do Día Internacional das Bibliotecas, o 24 de outubro, desde o Concello de Barreiros queremos poñer en valor estes espazos cheos de vida, historias e igualdade. Na Biblioteca Pública Municipal o venres 24 de outubro ás 12:00 horas, inauguración do Punto Lila coa doazón de libros dende a área de Igualdade do Concello de Barreiros. A partir deste día a biblioteca contará cun novo espazo onde se albergarán as obras escritas desde unha perspectiva que axude na concienciación sobre a violencia de xénero e á igualdade”, anuncia o Concello de Barreiros.
E na Biblioteca Rural de San Xusto o martes 28 de outubro ás 18:00 horas a área de Igualdade do Concello de Barreiros fará entrega dunha doazón de libros para a biblioteca con perspectiva igualitaria e inaugurará a exposición titulada Mulleres por mulleres, que poderase visitar ata o 6 de novembro.
En ambas bibliotecas farán entrega dun agasallo a todas as persoas que se acheguen nestes días.


