Muller

Etiquetas:
29/02/2024

A Delegación de Muller do Concello xovense organiza a XV Chocolatada do Día Internacional da Muller. Será o 9 de marzo ás 17:30 horas no salón de actos do centro cívico. 

Nesta ocasión, no acto renderase homenaxe ao Encontro de Palilleiras “Coas Nosas Mans” do Concello de Xove, e ás mulleres que o levan facendo posible durante trece anos. “O Encontro é unha forma de imbuír de merecido prestixio un oficio tradicionalmente feminino que implica talento, arte, compartir e reunirse, e que foi evolucionando ó longo das edicións ata transformarse no que é hoxe: un escaparate para o municipio de Xove en Galicia e noutras comunidades, e un importante impulso para a economía local”, indican desde a Delegación de Servizos Sociais, Sanidade, Muller e Políticas de Igualdade. 

 

Etiquetas:
29/02/2024

O Concello de Burela presenta a súa programación para conmemorar o 8 de marzo, Día Internacional da Muller.

Sandra Fernández, concelleira de Igualdade, convida a toda a veciñanza "a asistir aos actos en torno a esta data tan sinalada, que este ano teñen como broche de ouro a homenaxe ás guerreiras do equipo feminino do Pescados Rubén Fútbol Sala, mulleres que loitan pola igualdade e a visibilidade da muller no deporte".

Pola súa banda, a alcaldesa Carmela López sinala que “o 8M é un día para promover a loita por un mundo onde as mulleres sexamos socialmente iguais e totalmente libres, e por iso, dende Burela, imos homenaxear ás nosas guerreiras laranxas, as que están, as que estiveron e as que estarán, para que continúen abrindo camiño e,ademáis, facendo historia”.

“Animamos a toda a...

leer más
Etiquetas:
29/02/2024

O Concello de Barreiros iniciou a semana pasada unha serie de actividades enmarcadas no programa +Igualdade cunha xornada formativa para o persoal da Escola Infantil Municipal centrada na detección temperá de sinais de alarma que afectan ao desenvolvemento evolutivo das nosas crianzas. A xornada formativa foi impartida de xeito altruísta pola Asociación Guillén Veiga Iglesias e responde á aposta deste goberno pola formación troncal e continuada das persoas que educan ás nosas crianzas desde os seus primeiros anos de vida, que son claves no axeitado desenvolvemento integral das mesmas. 

A alcaldesa, Ana Ermida, expresou que "Consideramos fundamental promover unha educación igualitaria desde as etapas máis temperás da vida. As actividades do programa +Igualdade son clave para construír unha sociedade máis xusta e equitativa". 
Neste...

leer más
Etiquetas:
27/02/2024

A Área de Igualdade do Concello de Ribadeo organiza diversas actividades arredor da conmemoración do día internacional da muller. 

A concelleira de Igualdade, Begoña Sanjurjo, indicou que “comezamos o 1 de marzo coa visita de  Nary Ly, unha inspiradora sobrevivente dos campos da morte de Camboya. Nary, que é escritora, científica e olímpica compartirá, dentro do Programa O Concello cos coles, cos estudantes de 3º e 4º de Primaria a súa experiencia persoal e o seu novo libro infantil. O 7 de marzo poderemos asistir a unha charla  sobre a menopausia, guiada polo xinecólogo Ezequiel Cardoso González, quen nos axudará a comprender mellor este proceso natural e as súas implicacións para a saúde e o benestar das mulleres. Será ás 20:00 horas no Centro Social Comunitario”.

A edil ribadense seguiu a relatar que “o 8 de...

leer más
Etiquetas:
26/02/2024

O Concello de Viveiro, en colaboración co Centro de Información á Muller (CIM), organiza concursos de fotografía e de debuxo escolar, conmemorativos do Día Internacional da Muller. O prazo para presentar os traballos remata o 8 de marzo.

Por unha parte está o Concurso de Fotografía Amateur Traballos e Mulleres, dirixido a fotógrafos/as afeccionados non profesionais e que sexan maiores de idade. “A temática das fotografías debe ser a muller e o traballo en calquera ámbito da vida, tanto público como privado, para visibilizar e concienciar sobre o papel da muller en todos os sectores da nosa sociedade”, explica a alcaldesa, María Loureiro.

Convocouse tamén o Concurso de Debuxo Escolar Mamá Traballadora, dirixido ao alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º de Educación Primaria dos centros educativos do Concello de Viveiro. “A...

leer más
Etiquetas:
26/02/2024

O Concello de Cervo prepara unha axenda cargada de eventos para celebrar o Día Internacional da Muller.

As actividades contan coa organización da delegación de Muller e Igualdade, que dirixe Pilar Armada, e as diferentes asociacións de mulleres do municipio: Asociación de Mulleres de San Ciprián, Amas de Casa “Alborada”, Mulleres Rurais “As Espalladoras” e Mulleres en Igualdade de Cervo.

O sábado día 9 de marzo terá lugar o tradicional xantar do Día Internacional da Muller, no restaurante O Noso Lar ás 15:00 horas. Todas aquelas mulleres do concello que desexen asistir poderán recoller os tíckets dispoñibles no propio local ata o 5 de marzo. Na comida farase entrega dos trofeos ás gañadoras dos campionatos de tute e parchís que se están a xogar estes días, así como un sorteo de agasallos cedido polas asociacións....

leer más
Etiquetas:
21/02/2024

O vindeiro 8 de marzo, co gallo da celebración do Día Internacional da Muller, o Concello de Ourol organiza un taller e a exposición titulados "Sobre as nosas cabezas". Esta mostra recolle imaxes de mulleres de diferentes países porteando nas súas cabezas. Unha imaxe típica galega, pero que tamén se pode ver noutras zonas do mundo como Cabo Verde, Brasil, Haití, República Dominicana, India...

O Concello de Ourol explica que “a artista Cristina González, que asina a súa obra como Cristina Castro en honor ó lugar onde naceu, estará con nós para contarnos como xurde este proxecto que nace en Guinea Bissau e que a leva a profundar nesta imaxe de mulleres porteadoras desde un punto de vista sociolóxico e artístico. Todos lembramos ás nosas avoas ou ás nosas nais porteando produtos do campo na súa cabeza para levar ás feiras ou ó mercado;...

leer más
Etiquetas:
17/10/2023

O Concello organiza unhas Xornadas de Defensa Persoal para Mulleres, que terán lugar en novembro. Ademais para o 25N están programadas a proxección de Matria e a representación de Miss España, entre outras actividades. A concelleira de Igualdade, Begoña Sanjurjo, comentounas o Consello Municipal da Muller, que se reuniu hai uns días en Ribadeo. O mesmo contou coa participación activa de representantes de diversas asociacións e entidades convocadas para abordar cuestións fundamentais no ámbito da igualdade.

Despois de informar o Consello sobre os cambios na súa composición e aprobar a acta da sesión anterior, o encontro inaugurouse coa exposición detallada das actuacións e proxectos que actualmente impulsa o Concello de Ribadeo no ámbito da igualdade.

A edil de Igualdade, Begoña Sanjurjo, presidenta do Consello,...

leer más
Etiquetas:
05/04/2023

A Area de Igualdade do Concello de Ribadeo organiza un obradoiro gratuíto de Muller e Saúde en colaboración coa Escola Galega de Saúde. Será o 26 de abril. 

A concelleira de Igualdade, Mónica Freire, explica que “este obradoiro está dirixido especialmente ás mulleres para abordar o seu benestar específico ofrecendo información que permita mellorar e manter a súa saúde. O obradoiro terá lugar na Casa do Viejo Pancho o 26 de abril en horario de 16.30 a 20.30 horas”.

A edil ribadense indica que “os obxectivos do obradoiro pasan por mellorar a información e comprensión dos cambios evolutivos na muller e previr enfermidades propias do colectivo feminino. Durante a xornada falarase de menopausia e osteoporose, prevención xinecolóxica, factores de risco, fisiopatoloxía, alimentación e exercicio”.

... leer más
Etiquetas:
09/03/2023

As actividades contan coa organización da delegación de Muller e Igualdade, que dirixe Pilar Armada, e as diferentes asociacións de mulleres do municipio: Asociación de Mulleres de San Ciprián, Amas de Casa “Alborada”, Mulleres Rurais “As Espalladoras” e Mulleres en Igualdade de Cervo.

Este venres, Tito Rober amenizará a tarde a partir das 19:30 horas cun divertido monólogo no Auditorio da Casa da Cultura e a xornada rematará coa presentación do reportaxe “As mulleres de Cervo”, unha homenaxe en forma de vídeo ao incesante traballo de varias das mulleres do municipio.

O sábado 11 terá lugar a xa tradicional cea do Día Internacional da Muller, no restaurante O Noso Lar ás 22:00 horas. Na cea farase entrega dos trofeos ás gañadoras dos campionatos de tute e parchís que se están a xogar dende o mes de xaneiro, así...

leer más