Muller

Etiquetas:
03/03/2020

Ribadeo celebrará o Día Internacional da Muller coa Gala Por Elas e Para Elas, que terá lugar no Cine Teatro o vindeiro sábado, 7 de marzo, a partir das oito da tarde. A entrada é libre e gratuíta. O evento foi presentado no salón de plenos do Concello. 

A concelleira de Igualdade, Mariluz Álvarez Lastra, dixo que “hoxe vimos  presentar a acción que a Concellaría de Igualdade en colaboración co CIM, está a organizar para conmemorar o Día Internacional das Mulleres. Seguindo as liñas propostas este ano pola unión do feminismo galego,nas cales se decidiu situar os coidados no centro das reivindicacións deste 8 de marzo, baixo o lema Sen coidados, non hai vida... artellamos este acto a nivel local, para poñer o foco nos coidados das persoas da nosa vila”.  

A edil nacionalista subliñou que “se trata dunha Gala que...

leer más
02/03/2020

A Concellería de Servizos Sociais organiza actividades para conmemorar o Día da Muller o martes, o mércores e o venres desta semana.

Mañá, martes, e o mércores de 17:00 a 20:00 horas terá lugar na sala do Torreón dos Frades o obradoiro Construíndo o 8M, actividade na que os participantes deberán levar unha camiseta branca para pintala.

O venres, día 6, desenvolverase unha Andaina pola Igualdade ás 17:00 horas na Praza do Conde Santo. E ás 18:00 horas no salón de actos do Concello haberá un acto de homenaxe baixo o título Lourenzá son de muller, dedicado á laurentina Neli Cajoto Cuadrado.

Ademais durante esta semana a fachada da Casa do Concello tinguirase de cor lila “en representación de todas as mulleres”.

 

Etiquetas:
01/03/2020
En Mans salgadas, mulleres e homes falan da súa relación constante co mar a través dos recordos dos seus oficios. No proxecto quíxose poñer énfase nos traballos vinculados ao mar na vila mariñeira de Foz, especialmente aqueles con protagonismo feminino, comunmente infravalorados e que, co paso do tempo, ficaron nun segundo plano, desapareceron ou deron nunha mudanza necesaria: a actividade nas conserveiras, a recollida da olga, o arranxo das redes… “Un motivo de orgullo para o noso Concello que a nosa rapazada gabe a enorme labor das nosas mulleres e nesta ocasión o Concello de Foz quere poñer en valor o traballo delas e o das alumnas, sinala desde a Concellería de Mar.
 
O proxecto da curtametraxe Mans salgadas, realizada por alumnado de 3º ESO e 1º BACH do IES de Foz (Rosa Martín, Marta Rega, Uxía...
leer más
Etiquetas:
26/02/2020

No Día de Rosalía o Concello de Cervo, a través da delegación de Cultura, anunciou que ofrecerá unha obra de teatro dedicada á escritora, o 8 de marzo, coincidindo co Día da Muller

"Rosalía" é moito máis que un achegamento teatral á súa vida e á súa obra. É un espectáculo necesario.

Nesta montaxe, os nenos e nenas descubrirán en Rosalía a unha rapaza alegre, forte e curiosa como eles/as, que vive, xoga e goza no país da infancia.Esta Rosalía é unha obra de muller pensada para nenas e nenos de Primaria -e para as súas familias e docentes- por mulleres intensamente vencelladas ao teatro de palabras.

Esta Rosalía que aínda non precisaba apelidarse de Castro e que está a piques de marchar a Santiago é a protagonista desta obra de teatro que quere contarlles ás nenas e aos nenos que a infancia...

leer más
Etiquetas:
20/02/2020

A Casa do Mar de San Ciprián acolleu a presentación do programa do Día Internacional da Muller que organizan o Concello de Cervo, a través da delegación de Muller e igualdade, que dirixe Pilar Armada, e as diferentes asociacións de mulleres do municipio: Asociación de Mulleres de San Ciprián, Amas de Casa “Alborada”, Mulleres Rurais “As Espalladoras” e Mulleres en Igualdade.

Os actos están programados para o sábado 7 de marzo. 

Haberá unha cea para todas as mulleres do Concello que desexen asistir. Será no restaurante Buenavista, ás 22:00 horas. As interesadas teñen ata o 6 de marzo para retirar os seus tickets na Casa da Cultura de San Ciprián (982.59.51.57).

Haberá agasallos sorpresa para todas elas. Ademais, farase entrega dos trofeos ás gañadoras dos campionatos de tute e parchís que...

leer más
Etiquetas:
06/03/2019
O Concello de Xove, a través da Concellería de Servizos Sociais, ten programado un programa de actividades para celebrar o DÍA INTERNACIONAL DA MULLER TRABALLADORA:
 
Xoves, 7 de marzo: ás 13:00 h. na Praza do Concello, coa participación do alumnado do IES Illa de Sarón, concentración e lectura do Manifesto Pola Igualdade”. Coa colaboración do IES Illa de Sarón.
 
Do 8 ao 15 de marzo: Exposición “Mulleres de Hoxe”, realizada polo alumnado do IES Illa de Sarón.
 
Domingo, 10 de marzo: a partir das 17:30 horas no Salón de Actos do Centro Cívico, XI  CHOCOLATADA “DÍA DA MULLER”. Acto dirixido a todas as mulleres do Concello.
 
...
leer más
Etiquetas:
04/03/2019

O Concello de Burela, a través da Delegación de Servizos Sociais e do CIM, organiza diversas actividades con motivo da celebración do Día Internacional da Muller. Terán lugar este sábado, 9 de marzo.

O programa comezará cunha charla-coloquio, que se celebrará a partir das 12:30 horas no salón de plenos da Casa do Concello. A actividade leva por título As mulleres movendo Burela a través do asociacionismo dende hai décadas e nela participarán as seguintes asociacións: Amas de Casa Praia da Marosa, que estará representada por Chicha Osés; Coral Polifónica de Burela con Toñita Baño; e Asociación de Redeiras Cabo Burela con María Jesús Alonso.

Ás 13:15 horas o alcalde de Burela, Alfredo Llano, dará lectura a un manifesto. E, ás 14:00 horas, dará comezo unha comida organizada pola asociación de amas de casa Praia da...

leer más
Etiquetas:
25/02/2019

O alcalde de Cervo, Alfonso Villares, a edil de Muller, Pilar Armada, e representantes das diferentes asociacións (Alborada, As Espalladoras, Mulleres en Igualdade, Mulleres de San Ciprián) presentaron os actos organizados para celebrar o Día da Muller.

O 8 de marzo, Día Internacional da Muller, terá lugar a tradicional Cea no Restaurante Buenavista, ás 22:00 horas. As interesadas en asistir poden retirar as súas tarxetas na Casa da Cultura.

Ao remate entregaranse os trofeos ás parellas gañadoras do campionato de tute e parchís que se xogou durante este mes, no que participaron 10 parellas ao parchís e 9 ao tute; ademais tamén se sortearán distintos agasallos, cortesía das asociacións.

A continuación haberá baile con Trío Mar de Arousa, na Casa do Mar.

O 17 de...

leer más
Etiquetas:
25/02/2019

O Concello organiza a Semana da Muller do 11 ao 15 de marzo con motivo da celebración do Día Internacional da Muller o 8 deste mes. E convoca ademais o II Concurso de Fotografía A Muller Traballadora.

O 11 de marzo comezarán as actividades ás 17:00 horas no centro social de San Cosme, onde se desenvolverán os xogos Mulleres na Historia. Estes continuarán o xoves 14 no campo da festa de Vilamar ás 16:15 horas; e no CEIP de San Miguel de Reinante, ás 18:00 horas. Rematarán o venres 15 no centro social de San Cosme ás 18:30 horas. Os xogos están adaptados a todas as idades.

Tamén o venres 15 de marzo, terá lugar a entrega de premios do II Concurso de Fotografía A Muller Traballadora. O acto celebrarase no centro social de San Cosme a partir das 18:30 horas.

O tema do concurso fotográfico...

leer más
Etiquetas:
07/03/2018

A Concellería de Igualdade súmase á folga convocada para mañá, 8 de marzo, Día Internacional da Muller e invita ao resto das mulleres a que nun día tan significativo tomen conciencia da importancia que ten amosar o valor do papel da muller na sociedade.

A concelleira de Igualdade, Patricia Otero, salienta que “se trata de visibilizar o feito de que constituímos o 50% da poboación mundial e procurar que se valore o noso traballo e contribución á sociedade”.

O Concello de Burela organiza nesta xornada reivindicativa como único acto a lectura dun manifesto, que terá lugar na Praza da Mariña ás 12:00 da mañá. 

A Concellería de Igualdade e Servizos Sociais, a través do Centro de Información ás Mulleres, xa levou a cabo actividades para conmemorar o Día Internacional da Muller. Durante o mes de...

leer más