Muller
Para conmemorar o Día internacional contra a violencia de xénero o Concello de Foz organiza unha concentración este xoves, día 25, e colabora nun taller destinado a pais e nais, que terá lugar o domingo 28.
“Dende a Delegación de Muller e Igualdade do Concello de Foz lanzamos este ano a campaña Foz non cala ante a violencia de xénero, sumándose así á conmemoración do 25N. O obxectivo é concienciar á poboación da importancia dunha educación en igualdade, respectuosa e afectiva”, anunciou a concelleira Ana Rojo, quen engadiu que “o Concello vén de colaborar cos nenos e nenas e a Anpa do colexio N° 1; coa temática do día 25N o alumnado de cada curso plasma a modo de debuxos a denuncia e rexeite desta lacra, destacando unha convivencia afectiva e respectuosa. Os traballos están expostos en comercios de Foz e parte deles poderán verse nun...
leer másEste venres, 12 de marzo, ás 19:30 horas a Casa da Cultura de Foz acolle a proxección do documental Por ser mujer, da directora Mercedes Resino. Está organizado polo Concello focense.
Este documental ofrece a testemuña de dúas mulleres nadas en familias ultraconservadoras que transgrediron os códigos familiares e comezaron un camiño de apertura á vida na España franquista dos anos 60.
O aforo será limitado, polo que hai que chamar ao teléfono 982.140.675 para reservar previamente a entrada, que é gratuíta.
As delegacións de Muller e de Educación, que dirixen Pilar Armada e Dolores García Caramés, respectivamente, programan para este mes de marzo unha serie de actividades coa Muller como protagonista.
Así ofreceranse sesións virtuais de iniciación ao ioga cada martes e xoves, ás 16:30 horas, a cargo da profesora titulada, Nuria Torrado.
Desde o luns, 8 de marzo, e durante todo o mes, permanecerán iluminados de morado os diferentes edificios e infraestruturas publicas (Casa do Concello, Casa da Cultura, Fonte do parque Reina Sofía, ruínas das fábricas de salazón, Escolas Vellas de Cervo...)
O día 8 de marzo, día da muller
O auditorio da Casa da Cultura acollerá un acto de recoñecemento a diferentes mulleres cervenses que amosaron a súa solidariedade nestes últimos meses.
Prográmase ademais o concurso virtual...
O Concello de Viveiro, a través da Concellería de Muller, presenta o programa de actividades con motivo do 8M, Día Internacional da Muller. O goberno local propón diferentes actividades, dirixidas a todas as idades, para reivindicar a igualdade entre mulleres e homes.
Dado que o contexto sanitario actual non permite as concentracións multitudinarias, dende o Concello de Viveiro faise un chamamento á participación da cidadanía nas alternativas propostas para este 8M.
“A loita pola igualdade é para nós unha prioridade de goberno; neste concello traballamos cada día para acadar unha sociedade na que a igualdade real sexa unha normalidade, un concello inclusivo e respectuoso en materia de xénero”, asegura a alcaldesa de Viveiro, María Loureiro.
“Invitamos a que nosa voz non se silencie,...
leer másO salón de actos do Cenima de Foz acollerá a proxección da curtametraxe Matria e unha charla coloquio co seu director, Álvaro Gago, e coa muller focense Palmira Fernández, quen falará da súa experiencia vital. Será o vindeiro luns, día 24, ás 20:30 horas con entrada libre. Esta actividade está organizada polo Concello de Foz coa colaboración do Pacto de Estado contra la violencia de género.
A concelleira de Muller e Igualdade, Milagros Louzán, anunciou que “este luns, día 24 de agosto, no salón de actos do Cenima de Foz ás oito e media da tarde proxectaremos a curtametraxe Matria, dirixida por Álvaro Gago, e contaremos con el durante a proxección e presentará a película. Esta curtametraxe foi premiada en varios festivais nacionais e internacionais e estivo nominada aos premios Goya do ano 2019”.
Milagros Louzán...
leer másO Concello de Ourol acollerá o vindeiro 6 de setembro á formación teatral Dinamia Teatro, que chega coa súa obra “La Pimentera”, unha idea orixinal de Miguel Fernández e que conta con guión e dirección de Tatyana Galán. A cita será no Edificio Multiusos do Concello ás 17:00 horas.
Esta nova representación teatral trata sobre o papel das mulleres no ámbito rural. Tras a obra, realizarase un foro participativo onde os asistentes terán a oportunidade de reflexionar sobre o papel da muller na sociedade actual. Esta actividade enmárcase dentro do programa de actividades que teñen como finalidade o desenvolvemento de medidas do Pacto de Estado en materia de violencia de xénero, e conta tamén co financiamento do Ministerio da Presidencia, Relacións coas Cortes e Igualdade.
Para este acto será obrigatorio cumprir...
leer másO edificio multiusos de Ourol acolle este domingo, 15 de marzo, ás 17:00 horas a representación La Pimentera, teatro foro sobre o papel das mulleres nos pobos.
É unha idea orixinal de Miguel Fernández, con guión e dirección de Tatyana Galán.
A representación ten lugar con motivo da celebración do Día da Muller e ao seu remate realizarase un foro participativo onde as persoas asistentes terán a oportunidade de reflexionar sobre o papel da muller na sociedade actual.
Esta actividade está financiada con cargo ao Ministerio de la Presidencia, Relaciones con las Cortes e Igualdad e o Pacto de Estado Contra a Violencia de Xénero.
A Deputación de Lugo organiza nos seus centros de atención a maiores, en Trabada, Pol, Ribadeo e A Fonsagrada, un programa de actividades para os usuarios e usuarias con motivo do Día da Muller.
Está previsto que fagan lecturas conxuntas de obras escritas por mulleres, participen en charlas-coloquio sobre o papel de mulleres galegas referentes, desenvolvan obradoiros de realización de agasallos e visualicen unha serie de vídeos nos que as protagonistas son as mulleres que viven en cada unha das residencias.
Centros e actividades
CAM de Trabada
-8 de marzo: Obradoiro de elaboración de agasallos para as mulleres do CAM de Trabada.
-11 de marzo: Charla-coloquio Os fitos alcanzados polas mulleres ao longo dos anos. Homenaxe ás mulleres galegas que fixeron historia. Ademais, proxectarase o vídeo A...
VIA Alfoz organiza a sexta edición da tradicional ofrenda floral na conmemoración do Día Internacional da Muller. O evento levarase a cabo o vindeiro domingo 8 de marzo ás 12:30 horas nas inmediacións do Castelo de Castro de Ouro, “estando convidados todos os veciños e veciñas que libremente queiran participar neste acto que se iniciou de forma espontánea en 2015” tal e como apuntan desde VIA Alfoz.
Efegenia Maseda, Presidenta de VIA Alfoz, será este ano a encargada de ler un manifesto enxalzando o enorme traballo das nosas mulleres, recordando que o evento realízase “coa intención de facer unha homenaxe a todas as mulleres en xeral e, sobre todo, a todas as mulleres de Alfoz, a aquelas que nos deixaron e que traballaron por este concello, e ás que están a loitar polo futuro do seu pobo onde queren poder seguir traballando”.
... leer más












