Proxección
A película de cine mudo titulada O barco de vapor de Bill Jr., coas cartelas escritas en galego, proxectarase no teleclube da Rilleira (Barreiros) o día 2 de agosto, sábado.
Anunciouno o grupo amarinha.gal, que explica: “hai poucos días tivo lugar o evento Soberanía dixital VI: Dominio público, tamén teu, a sexta das actuacións deste ano 2025 promovidas por amarinha.gal. Nese acto deuse a nova de que habería un pase de cine baseado nunha película no Dominio Público. Ese momento chegou: será o sábado día 2 de agosto ás 19 horas na Rilleira, no teleclube que serve de sede á asociación de veciños A Parrala. Alí terá lugar a proxección e pequena discusión, a modo de cineclube familiar, sobre a película de ...
leer másO circuíto de cinema galego Ciclo Mestre Mateo arranca a súa cuarta edición na provincia de Lugo grazas ao apoio da área de Cultura da Vicepersidencia da Deputación de Lugo.A deputada de Cultura, Iria Castro, e a presidenta da Academia Galega do Audiovisual, Lucía Veiga, presentaron este xoves no Pazo de San Marcos as novidades desta edición e as localidades da provincia que formarán parte do circuíto.
Os concellos de A Fonsagrada, A Pobra do Brollón, Foz, Meira, Monterroso, Sarria, Taboada e Vilalba proxectarán as producións finalistas nas categorías de longametraxe e documental dos XXIII Premios Mestre Mateo. O Ciclo Mestre Mateo comezará en Lugo o próximo 2 de xullo, no concello de Meira, coa proxección de Honeymoon.
A deputada de Cultura, Iria Castro, apuntou que as institucións "teñen que axudar á industria...
leer másMañá, 19 de marzo, ás 20 horas o Salón dos Alcades do Concello de Ribadeo acollerá a proxección de “A Nave das Marías”, de Cris Andina.
Dende a Área de Igualdade do Concello de Ribadeo convidan a asistir á devandita proxección de “A Nave das Marías”, documental finalista dos Premios Mestre Mateo, que explora o teatro como ferramenta de intervención social.
Esta obra, creada dentro dun programa da ONG Ecos do Sur, dá voz a mulleres migrantes, ofrecendo un espazo de participación e visibilización para impulsar a sensibilización en cuestións de xénero.
Tras a proxección, haberá un coloquio coas directoras Saamira Ganay e Cris Andina, unha oportunidade única para coñecer máis sobre o proxecto e o impacto do teatro na igualdade.
A actividade enmárcase na...
leer másCo gallo do Día Internacional da Muller, o Concello de Trabada organiza unha sesión de cine especial dentro do programa "Cine na Rúa", ofrecendo a proxección do filme "Oro Blanco". A cita terá lugar o vindeiro 7 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura.
"Oro Blanco" é unha película que aborda a loita dunha muller nun ambiente hostil dominado polo medo, resaltando valores de resiliencia, coraxe e determinación. A escolla deste filme non é casualidade, xa que representa á perfección o espírito do 8M, un día para reivindicar os dereitos das mulleres e reflexionar sobre os desafíos que aínda están por superar.
Desde o Concello de Trabada convidamos a toda a veciñanza a participar nesta actividade, que busca non só ofrecer unha experiencia cinematográfica de calidade, senón tamén xerar un espazo de reflexión e...
leer másA asociación cultural A Pomba do Arco organiza na Casa da Cultura Poeta Manuel María, de Foz, o vindeiro xoves, 29 de agosto, ás 20:30 unha proxección do filme documental A Cidade da Selva, coa presenza do seu director Miguel Riaño.
Desde A Pomba do Arco explican que “A Cidade da Selva é un documental sobre a historia da guerrilla antifranquista na Galiza, articulada arredor da Federación da Guerrillas da Galiza, cuxo principal dirixente foi Marcelino Fernández Villanueva O Gafas”.
E engaden que “Marcelino Fernández Villanueva O Gafas foi un importante activo da guerrilla mariñá entre 1947e 1948, cando actuou polos concellos de A Pastoriza, Foz, Lourenzá é Mondoñedo”.
A Vicepresidencia da Deputación de Lugo dende a súa Área de Cultura, achega a Barreiros dúas sesións de cinema curto o vindeiro 27 de decembro.
Trátase de Nena, unha curtametraxe de Xosé Antonio Touriñán
Máis info: https://nena.gal/
E deA Rabia, curtametraxe de Alberto Díaz.
Máis info: https://www.aldiaz.es/piezas/a-rabia/
Proxectaranse as dúas curtametraxes lucenses seleccionadas e premiadas internacionalmente e logo, haberá coloquio coa presenza dalgún membro do equipo.
En Barrreiros as proxeccións serán o mércores, 27 de decembro, ás 20:30 horas no centro sociocultura de San Cosme. E no Valadouro o xoves, día 28, ás 19:00 horas na Casa da Cultura.
O vindeiro 28 de decembro haberá en Ribadeo unha proxección dedicada ao intento de construción dunha central nuclear en Xove a finais do anos 70.
Trátase do documental "Xove. Democracia nuclear", de Pedro Lechuga Mallo. Será o 28 de decembro ás 20.30 horas, no Teatro de Ribadeo, segundo informa a Agrupación Cultural Francisco Lanza.
A localidade de Xove acollerá o vindeiro venres 1 de decembro a proxección do documental 'Xove, Democracia Nuclear'. Este traballo xornalístico está dirixido polo xornalista leonés Pedro Lechuga Mallo, quen contou coa colaboración da Asociación de Prensa de Lugo para a súa gravación. Este documental recupera a través dos medios de comunicación en novembro de 1973 as historias vividas na Mariña cando foi público o proxecto de construción dunha central nuclear en Xove. Recollen os testemuños de quince persoas vinculadas á mobilización, veciños e persoas relacionadas co nacionalismo, o Sindicato Labrego Galego, xornalistas e profesores, ademais do entón alcalde de Xove, Jesús López González.
A proxección terá lugar a partir das 20:00 horas no salón de actos do Centro Cívico, sendo a entrada gratuíta até completar aforo. Este evento é posible...
leer másO documental titulado “Xove, democracia nuclear” proxectarase en Ferreira do Valadouro este sábado, 25 de novembro, ás 19:00 horas. Será no salón de actos da Casa da Cultura do Valadouro, con entrada de balde.
Este documental, de Pedro Lechuga Mallo, forma parte do proxecto a nivel nacional denominado Democracia Nuclear, que ten como obxectivo recuperar as historias das diferentes mobilizacións antinucleares xurdidas en España nos anos setenta.
En consonancia cos seus obxectivos de promoción e defensa dos dereitos como a saúde así como de colaboración con outros colectivos que traballan na mesma liña, o Foro Social da Mariña organiza a proxección do filme Agromantes, con guión e dirección de Cora Peña, o xoves 9 de novembro ás 20:00 horas no auditorio da Casa da Cultura de San Cibrao (Cervo).
Agromantes é unha obra audiovisual que mestura a ficción e o documental, cunha duración de 72 minutos. Aborda o tema da saúde mental a partir dunha situación na que un grupo de persoas comparten as súas experiencias de loucura e psiquiatrización nun xogo de escenificación improvisada.
Rematada a proxección haberá un coloquio no que intervirán por videoconferencia a directora do filme e algúns integrantes do mesmo.