A asociación cultural A Pomba do Arco organiza na Casa da Cultura Poeta Manuel María, de Foz, o vindeiro xoves, 29 de agosto, ás 20:30 unha proxección do filme documental A Cidade da Selva, coa presenza do seu director Miguel Riaño.
Desde A Pomba do Arco explican que “A Cidade da Selva é un documental sobre a historia da guerrilla antifranquista na Galiza, articulada arredor da Federación da Guerrillas da Galiza, cuxo principal dirixente foi Marcelino Fernández Villanueva O Gafas”.
E engaden que “Marcelino Fernández Villanueva O Gafas foi un importante activo da guerrilla mariñá entre 1947e 1948, cando actuou polos concellos de A Pastoriza, Foz, Lourenzá é Mondoñedo”.