Trémola Teatro
Este xoves, día 12 de xuño, ás 19:30 horas no Salón de Actos do Concello de Xove representarase o espectáculo Crisálida, unha obra da compañía Trémola Teatro.
“Unha historia que fará reflexionar e emocionar a pequenos e maiores”, anuncia a Área de Muller e Igualdade do Concello de Xove, que organiza esta representación teatral coa colaboración do Ministerio de Igualdad.
O Concello de Alfoz anuncia: “o mércores 23 de abril ás 11:00 horas recibimos unha visita moi especial na Escola Infantil de Alfoz: Trémola Teatro tráenos o contacontos Pipo, o paxaro que non sabía voar. Unha historia chea de tenrura e aprendizaxes para as nenas e nenos, dentro do programa Ler Conta Moito, en colaboración coa Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia e a Xunta de Galicia”.
Xove acolle un contacontos teatralizado para nenas e nenos de máis de 3 anos este xoves, 20 de marzo
Xove acolle un contacontos teatralizado, a cargo de Trémola Teatro e titulado Daniel e Daniela, para nenas e nenos de máis de 3 anos este xoves, día 20 de marzo. Será ás 11:30 horas no Salón de Actos do Centro Cívico.
Esta actividade está organizada pola Área de Muller e Igualdade do Concello de Xove.
A Casa da Cultura Manuel Lourenzo, do Valadouro, acollerá a obra “En busca de Papá Noel”, representación a cargo de Trémola Teatro, o luns 23 de decembro ás 17:30 horas. Está dirixida Público infantil e familiar.
“A Marta encántalle o Nadal, é a súa época favorita do ano e por iso ten clarísimo que quere ir ata Laponia e coñecer ao mismísimo Papá Noel. Polo camiño atópase con dous amigos cos que vivirá moitas aventuras. Pensades que ao final conseguirán chegar a coñecer a Papá Noel? Acompáñanos a descubrir esta divertida aventura”, anuncia o Concello do Valadouro.
A compañía Trémola Teatro representará a obra infantil titulada “Anuncio por palabras” este venres, 27 de setembro, na Casa da Cultura do Valadouro ás 19:00 horas.
É unha actividade de narración oral, dirixida a nenos e nenas de máis de 3 anos de idade, que está incluída dentro do programa Ler conta moito, para a dinamización das bibliotecas.
Está organizada pola Delegación de Cultura do Concello do Valadouro.