Trémola Teatro ofrece un contacontos na Escola Infantil de Alfoz o 23 de abril

O Concello de Alfoz anuncia: “o mércores 23 de abril ás 11:00 horas recibimos unha visita moi especial na Escola Infantil de Alfoz: Trémola Teatro tráenos o contacontos Pipo, o paxaro que non sabía voar. Unha historia chea de tenrura e aprendizaxes para as nenas e nenos, dentro do programa Ler Conta Moito, en colaboración coa Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia e a Xunta de Galicia”.