concurso
Volve o Concurso de Fotografía do Centro de Información á Muller (CIM) do Concello de Ribadeo. O prazo para entregar traballos está aberto desde o día 5 ata o 17 de marzo.
“Este ano queremos que nos amosedes, a través dunha imaxe: Que é para ti a igualdade? Mulleres que inspiran. Buscamos fotografías que reflictan historias, persoas ou momentos que representen forza, igualdade e inspiración feminina no día a día. Quen pode participar? Categoría A: Moz@s de 12 a 17 anos; Categoría B: Maiores de 18 anos; Categoría C: Centros de ESO e FP da localidade. Prazo de presentación: Do 5 ao 17 de marzo de 2026 ata as 14:00 horas. Como participar? Envía a túa fotografía en formato JPG a: cim@ribadeo.gal. Asunto: Concurso fotografía igualdade + categoría. Premios: Categoría A: 400 €; Categoría B: 300 €; Categoría C...
leer másO Concello de Cervo convoca o concurso titulado Versos de Rosalía, certame para que o prazo de presentación de traballos está aberto ata o día 3 de marzo.
“O 23 de febreiro celebramos o Día de Rosalía de Castro convidándovos a participar no noso concurso creativo. Envíanos dous versos de Rosalía de Castro que che gusten especialmente. Valorarase que a proposta se presente dunha forma orixinal e creativa. Podes participar a través de: fotografía, texto, debuxo, vídeo ou audio”, anuncia o Concello de Cervo, que tamén explica que a data límite para presentar os traballos é o día 3 de marzo ás 12:00 horas. Poden enviarse a través do correo electrónico prensa@concellodecervo.com ou do WhatsApp 683.31.59.39.
Hai dúas categorías: xuvenil (16 anos...
leer másSilvia Gonzalo Zamora es la ganadora de la décimo segunda edición del Concurso de Cartas de Amor convocado por la galería ribadense Terra Branca.
El jurado, formado por Mariángel Leal (artista), Mari Carmen Vidal (lectora) y José Ramón Leal (director de la Galería Terra Branca), emitió su deliberación este domingo tras cerrar el plazo de recepción de trabajos a las 23:59 horas del pasado 14 de febrero, día de San Valentín.
Silvia Gonzalo, de 56 años y natural de Manresa, en Barcelona, es una apasionada del mundo del arte y de la música. Cursó estudios de joyería en la ciudad condal. Desde pequeña le interesó la escritura para plasmar sus sentimientos, creando y compartiendo sueños. La carta premiada se titula Hoy quiero escribir muy despacio. La ganadora recibirá una figura exclusiva de cerámica.
... leer másA Biblioteca Municipal de Xove organiza o seu tradicional Concurso de Caretas de Entroido, unha iniciativa que “ten como obxectivo fomentar a creatividade e a participación dos máis novos arredor dunha das celebracións máis emblemáticas da nosa cultura popular”. O concurso está aberto a todos os nenos e nenas, rapaces e rapazas de Xove, dende 4º de Educación Infantil ata 4º da ESO, que deberán presentar na biblioteca unha careta relacionada con motivos de Entroido. O prazo está aberto ata o 14 de febreiro.
O Concello de Xove explica que “as caretas poderán realizarse en cartulina, folio ou calquera outro material, sempre que se axeiten aproximadamente ao tamaño dun folio. A técnica a empregar será libre, podendo utilizar debuxo a lapis, rotuladores, ceras, collage ou calquera outra proposta creativa. Co fin de garantir o anonimato na...
leer másXove acollerá o venres 26 de decembro ás 21:30 horas no Pavillón Municipal de Deportes a XIII edición do seu tradicional concurso de karaoke, “unha das citas máis destacadas e agardadas dentro da programación cultural do Concello para estas datas de Nadal”.
Para elo xa está aberto o prazo de inscrición e dende a organización animan “a todas as persoas, sexan profesionais do micrófono ou simples amantes da música, a anotarse xa para participar. Non importa a idade nin o estilo musical: o importante é pasalo ben e compartir un momento único”.
O Concello de Xove engade: “convertido xa nunha actividade de grande tradición e arraigamento no municipio, o Karaoke de Nadal de Xove destaca cada ano polo seu éxito de participación e pola crecente afección pola música con participantes tanto do propio concello como de...
leer másO Concello de Cervo vén de convocar un concurso de postais de Nadal dirixido ao alumnado de infantil e primaria do municipio. As obras terán que ter como tema o Nadal, a técnica é libre e os traballos deben presentarse nunha cartolina tamaño folio. Os orixinais teñen que entregarse na Casa da Cultura de San Ciprián ou na Casa do Concello, sen asinar e acompañados dun sobre pechado que conteña os datos persoais do autor: nome, apelidos, idade, colexio e número de teléfono. Establécese un premio por cada modalidade: de 3 a 5 anos, de 6 a 9, e de 10 a 12 anos. O prazo de recepción remata o 1 de decembro de 2025 e o fallo do xurado farase público o 3 de decembro de 2025.
Entre as tres postais finalistas o xurado elixirá unha, que será a protagonista das felicitacións de Nadal do Concello.
A Banda de Música O Landro, de Viveiro, convoca o IV Concurso de Marchas Procesionais Blas García Liz, no que colaboran o Concello de Viveiro e a Xunta de Cofradías da Semana Santa de Viveiro. A data límite de entrega é o día 9 de xaneiro do ano 2026 ás 23:59 horas.
“Este concurso non só é unha oportunidade para que compositores e músicos mostren o seu talento, senón que tamén para que tod@s desfrutemos da beleza e solemnidade que as marchas procesionais aportan ás nosas festividades. Sentímonos emocionados de recibir obras que reflexan a devoción e a arte que caracteriza a nosa...
leer másFallado o XI Concurso de Fotografía de Medio Ambiente Xove, a súa costa e o seu mar. A entrega de premios será este venres, día 31 de outubro, ás 20:00 horas no salón de plenos municipal.
O Concello de Xove anuncia os gañadores desta nova edición, que “contou coa maior participación ata o momento. Grazas a todos e todas por compartir o voso talento e amor pola natureza e o noso mar. Os premiados son: 1º, Miguel Ángel Díaz Gallego, coa foto Luces (120 euros); 2º, Alberto Rapa Martínez, coa foto Remanso Nocturno (100 euros); 3º, Germán Paleo Navarro, coa foto Rastro de Luz (90 euros); 4º, David Pablo Salgueiro, coa foto Mirador (75 euros); e 5º, Mónica Vila Ferreirós, coa foto Papel (65 euros). Noraboa aos gañadores e o noso sincero agradecemento a todos os participantes. Grazas tamén ao xurado, formado...
leer másO Concello de Mondoñedo, a través da Concellería de Cultura, convoca o X Concurso de Fotografía O Mellor Recuncho de Mondoñedo, baixo o lema Elixe o lugar de Mondoñedo que máis che gusta, que ten por finalidade a elaboración dun calendario para o vindeiro ano 2026 coas mellores fotografías de recunchos da localidade. Abriuse o prazo de presentación de orixinais que rematará o venres día 28 de novembro.
As fotos deben presentarse en soporte dixital no seguinte enderezo de correo electrónico: recunchosdemondonedo@gmail.com e deberase indicar no asunto “Concurso Fotografía 2025”. No corpo do correo incluirase o nome do/da participante e un número de teléfono de contacto. Pode presentarse unha foto por participante.
O Concello de Mondoñedo explica...
leer másA asociación xuvenil La Moderna, creada recentemente en Ribadeo, convoca un concurso de relatos de Samaín para o cal o prazo de entrega dos traballos remata o día 20 de outubro, luns.
Hai tres categorías: ata 12 anos de idade, de 12 a 18 e maiores de 18 anos. Os relatos deberán ser en galego, con extensión libre e pódense entregar na biblioteca municipal El Viejo Pancho, onde será a entrega de premios o 25 de outubro.












