
O Concello de Xove convoca a quinta edición do concurso fotográfico titulado Cal é o teu lugar preferido de Xove?
Dende a Concellería de Medio Ambiente animan a “nenos/as, adolescentes e persoas adultas a participar nesta nova edición dun concurso que pon en valor a beleza do noso entorno” e explican que “participar é moi sinxelo: saca unha foto no teu espazo preferido de Xove, cubre a folla de inscrición que atoparás na web municipal: https://xove.es. Alí tamén poderás consultar as bases do concurso. Cada categoría conta cun premio de 60 euros para a fotografía máis votada na páxina de Facebook do Concello de Xove”.
Hai tres categorías: Infantil, ata 12 anos; Xuvenil, de 13 a 17 anos (ambos incluídos); e Adultos, a partir de 18 anos.
“Amosa a túa mirada sobre o noso medio natural e comparte o que fai especial Xove. Anímate a participar e non perdas esta oportunidade”, manifesta a concelleira de Turismo e Medio Ambiente, Cecilia Duarte.


