Turistas

Etiquetas:
10/09/2025

A Mancomunidade de Concellos da Mariña publica a Guía do Turista Responsable, un manual de boas prácticas para fomentar un turismo respectuoso co xeodestino. Ten como obxectivo promover unha reflexión activa sobre a necesidade de minimizar o impacto das viaxes nos territorios. O documento forma parte do proxecto de Estudos de Capacidade de carga en 11 lugares de especial fraxilidade de A Mariña Lucense, impulsado ao abeiro do PSTD.

No mundo no que vivimos, no que cada vez son máis as persoas que viaxan para coñecer novos lugares, é preciso facer unha reflexión e ser conscientes de como eses desprazamentos e estadías impaCtan nos territorios que se visitan. Con este obxectivo a Mancomunidade de Concellos da Mariña Lucense vén de publicar a Guía do Turista Responsable, un documento sinxelo e conciso que, máis alá de recompilar recomendacións...

leer más
Etiquetas:
29/03/2017

Os servizos de información turística de Foz ampliarán o seu horario durante a vindeira Semana Santa. Anunciouno hoxe a concelleira Maite López Rego.

Desde o día 10 de abril, luns, ata o sábado 15 a oficina municipal de turismo, que está situada no Cenima, abrirá de 11 a 14 horas e de catro a oito da tarde. E o punto de información turística que está na basílica de San Martiño estará aberto ao público do martes día 11 ao sábado 15 en horario de 11 a 14 horas e de catro a oito da tarde, mentres que o domingo 16 estará en servizo desde as 11 ata as 15 horas. 

A edil delegada de Turismo explicou que “como todos os anos, por estas datas da Semana Santa pensamos en darlles un maior servizo aos visitantes que se acheguen a facer algunha consulta e por iso modificamos o horario dos puntos de información turística”.

... leer más