premio Balbino

15/09/2025

“Escrita cunha prosa poderosa, de diálogos incisivos, As donas da noite é unha proposta que agradará a aquel lectorado que desexe contemplar o noso rural cunha outra ollada”, así describiu o xurado do X Concurso Balbino de Relatos a obra As donas da noite, da autoría de Lionel Rexes, residente no concello do Alfoz do Castrodouro, texto co que resultou gañador desta décima edición.

O veredicto, que premiou a novela por unanimidade, emitiuno un xurado composto por reputados profesionais do sector, entre os que se atopaban Carlos Loureiro (profesor e escritor), Fernando González Graña (escritor e dramaturgo), Rosalía Morlán (escritora e poeta) e Armando Requeixo (profesor e crítico literario).

O xurado quixo destacar tamén nesta obra “a súa inmersión nun rural galego poliédrico no que convive o...

leer más