Mercado e Rastro
O Concello de Burela, a través da súa área de Cultura, organiza unha nova edición do Mercado e Rastro de Nadal, que converterá a Praza da Mariña nun punto de encontro para veciños, visitantes e expositores durante a fin de semana do 29 e 30 de novembro cun horario de 10:30 a 20:30 horas
O evento, de acceso libre e participación gratuíta, busca “apoiar o comercio de proximidade, a creación artesanal e a reutilización responsable, nun ambiente cheo de espírito navideño. Para facilitar a organización, o mercado dividirase en dúas zonas diferenciadas: a Zona A, dedicada ao mercado artesanal e creativo, acollerá expositores que ofrezan produtos elaborados por eles mesmos ou de carácter artístico; e a Zona B, destinada ao rastro de segunda man, reunirá postos con libros, roupa, complementos ou xogos usados en bo estado, apostando pola...
leer más



