Fotos
Este xoves, día 12 de xuño, ás 19:00 horas na Casa da Cultura de Burela será inaugurada a exposición fotográfica “Tan coma ti”, que trata sobre a realidade actual das persoas coa Síndrome de Down. Estará aberta ao público ata o 27 de xuño.
“Unha ollada real e emotiva á vida das persoas con síndrome de Down, contada por elas mesmas. Durante o acto lerán un manifesto pola autonomía persoal e farán a visita guiada. Vén sentir, escoitar e mirar doutra maneira!”, anuncia o Concello de Burela.
O Concello de Cervo, a través da delegación de Medio Ambiente, convoca o XV concurso fotográfico de medio ambiente Cervo Respecta 2025.
Os participantes poderán presentar un máximo de dúas fotografías, baseadas na temática xenérica do medio ambiente, inéditas e orixinais, sacadas en calquera lugar da Comunidade Autónoma de Galicia. Terán que ser imaxes de natureza viva, que sirvan de exemplo de conservación do noso medio, anuncia o Concello de Cervo. Deberanse presentar en formato dixital (JPEG), en alta calidade, a unha resolución mínima de 2.048 pixeles, sen limitación de tamaño en MB; a través do correo medioambiente@concellodecervo.com. O prazo para presentar as imaxes remata o 23 de maio.
Hai tres premios establecidos: un primeiro, un segundo, e...
leer másCon motivo do Día Internacional do Medio Ambiente, o Concello de Xove convoca a cuarta edición do concurso fotográfico Cal é o teu lugar preferido de Xove? O obxectivo é “poñer en valor aqueles lugares do concello de Xove menos coñecidos”.
Hai tres categorías: ata 12 anos de idade; de 13 a 17 anos; e maiores de 18 anos. O prazo para a presentación das fotos está aberto ata o día 23 de maio ás 00:00 horas.
As bases poden consultarse na web www.xove.es.
A asociación cultural Airiños do Xunco, de Cervo, inaugurará o día 2 de maio, venres, unha exposición fotográfica dos seus 50 anos de historia. Será a partir das 19:00 horas nas Escolas Vellas de Cervo.
“Son 50 anos de cultura, de festividades, de viaxes e de anécdotas. Son 50 anos de historia e, por sorte, moita dela fotografada. Inauguramos unha pequena exposición de fotos que che fará recordar a vida de Cervo dende o 1975 ao 2025. E se ese día non podes asistir, atento porque iremos publicando días e horas nas que estará aberta ao público”, anuncia Airiños do Xunco.
O Concello de Mondoñedo, a través da Concellería de Cultura, convoca o IX Concurso de Fotografía “O Mellor Recuncho de Mondoñedo” baixo o lema “Elixe o lugar de Mondoñedo que máis che gusta”, que ten por finalidade a elaboración dun calendario para o vindeiro ano 2025 coas mellores fotografías de recunchos da localidade. O prazo de presentación de orixinais rematará o día 30 de novembro.
“As fotos presentaranse en soporte dixital no seguinte enderezo de correo electrónico: recunchosdemondonedo@gmail.com. Deberase indicar no asunto “Concurso Fotografía 2024”. No corpo do correo incluirase o nome do/da participante e un número de teléfono de contacto. Unha foto por participante. Dende o Concello queremos lembrar que debes enviar as fotos en formato jpg, tif ou bmp e cunha calidade de máis...
leer másO Concello de Xove, a través da Concellería de Medio Ambiente, convoca o X Concurso de Fotografía Medioambiental “Xove, a súa costa e o seu mar”. O obxectivo deste concurso é potenciar a participación cidadá na protección da paisaxe e o medio ambiente. Haberá unha única categoría, cos seguinte premios: primeiro, 120 euros; segundo, 100 euros; terceiro, 90 euros; cuarto, 75 euros; e quinto, 65 euros.
A temática do concurso é “Xove, a súa costa e o seu mar”. As imaxes deberán ser realizadas polos propios participantes. En ningún caso se aceptarán imaxes copiadas ou realizadas por persoas distintas das participantes. Cada participante asinará unha declaración responsable de ser a/o autor/a das fotografías que presenta. No caso de que o/a participante sexa menor de idade a declaración responsable será asinada polo seu nai/pai ou titor/a legal...
leer másO martes 18 de xuño ás 16:00 horas abrirá as portas a exposición fotográfica “Namor-Arte”, produto final do proxecto anual de BiblioCervo, iniciativa do colexio de Cervo.
A mostra poderá visitarse tamén o mércores, xoves e venres (días 19, 20 e 21 de xuño) de 16:00 a 18:00 horas.
O Concello de Xove comunica as gañadoras e gañador do concurso medio ambiental “Cal é o teu lugar preferido de Xove?”. A entrega de obsequios a tod@s os participantes e de trofeos aos gañadores realizarase o mércores 12 de xuño ás 20:00 horas no salón de plenos municipal.
Na categoría infantil a foto con máis me gusta foi a titulada “Mateo coidando a súa horta”, de Mateo Costa Rodríguez. Na categoría xuvenil a foto con máis me gusta foi “Cascada do muíño Regosanguento”, de Carla Casabella Puñal. E na categoría adultos a foto con máis me gusta foi “Toxos, mar y nubes, pero al final sale el sol siempre”, de Begoña Amor Ruiz.
O Concello de Viveiro conmemora o Día do Libro, que se celebra cada ano o día 23 de abril, convidando de novo á veciñanza a participar no Concurso de Fotografía “Onde les ti?”.
A iniciativa, impulsada pola Concellería de Cultura e a Biblioteca Municipal de Viveiro, conta un ano máis coa colaboración do Centro comercial Casco Histórico de Viveiro. “Este concurso serve para visibilizar os diferentes hábitos para ler que temos as persoas lectoras, e, polo tanto, serve para promover a lectura entre a xente de todas as idades”, sinala a concelleira de Cultura, Lara Fernández Fernández-Noriega.
O concurso ten por obxecto imaxes nas que apareza o recuncho preferido de cada participante para ler e nas que o libro ou o acto de ler sexan os protagonista. Poderán ir acompañadas dunha breve descrición se a persoa...
leer másO Concello de Cervo anuncia que do 6 de abril ao 3 de maio “teremos a oportunidade de desfrutar dunha impresionante mostra fotográfica de Sindo Novoa baixo o título "Un día na Rapa das Bestas (Do monte ó curro)", que nos permitirá coñecer de preto como se vive esta festa en Sabucedo, a través da óptica deste fotógrafo”.
A inauguración da mostra será o sábado, 6 de abril, ás 12:30 horas na Sala de Exposicións da Casa da Cultura, en San Ciprián.