Fotos

Etiquetas:
12/03/2023

O salón multiusos do Concello de Viveiro acolleu a presentación da exposición fotográfica “Eu Muller, ti cómplice, elas loitadoras” organizada por Aspanane e enmarcada dentro do programa das celebración por mor do #DíaInternacionaldaMuller. 

A exposición itinerante pretende concienciar e sensibilizar á poboación sobre a reivindicación de dereitos que realizan no seu día a día as mulleres con discapacidade intelectual e/ou do desenvolvemento para lograr participar e incluírse na sociedade, ao tempo que conseguen que máis persoas sexan cómplices nesta procura da plena igualdade e cidadanía. 

O acto inaugural, dirixido por usuarias do Centro Ocupacional de Aspanane, contou coa presenza da alcaldesa de #Viveiro, María Loureiro, xunto á secretaria xeral da Consellería de Igualdade da Xunta, Susana López Abella. 

... leer más
Etiquetas:
31/08/2022

Onte foi inaugurada nas Escolas Vellas de Cervo a mostra fotográfica Os Camiños de Casares, que se poderá visitar de luns a venres, ata o 15 de setembro, en horario de 11:00 a 14:00 horas.
 
No acto participaron o rexedor, Alfonso Villares, as edís de Cultura e Medio Ambiente, Dolores García Caramés e Mali Méndez, respectivamente, e o autor das instantáneas, Xurxo Lobato; ademais de membros da asociación Airiños do Xunco, a quen desde o Concello lle agradecen a cesión do local municipal, pero que está xestionado por esta entidade.
 
A exposición recolle 40 fotografías de gran formato inspiradas en textos de Carlos Casares sobre o Camiño de Santiago. A actividade forma parte do programa o Teu Xacobeo da Xunta de Galicia, e está promovida pola Fundación Carlos Casares, coa colaboración do Concello de Cervo.

 

Etiquetas:
07/07/2022

Mañá, venres, ás 19:00 horas será inaugurada no CENIMA de Foz unha exposición de fotos sobre as alfombras das festas do Carme focegas, mostra que fai un percorrido polos seus 40 anos de historia.

A concelleira de Cultura, Inés López Couto, anuncia que “o Concello de Foz e a comisión de festas seguen avanzando na programación polo Carme. Da man de Antón Niñe e a súa extensa traxectoria como entusiasta da historia local, levará aos asistentes a un percorrido pola evolución do alfombrismo na localidade focega. As fotos mostradas na exposición forman parte da súa colección persoal”. 

 

Etiquetas:
05/07/2022

A sala de mostras da Casa da Cultura de San Ciprián acolle ata o 15 de xullo a exposición fotografía de María Simón, que foi inaugurada na tarde do luns polas edís de Cultura, e de Servizos Sociais, Dolores García Caramés, e Pilar Armada, respectivamente.

A mostra componse de 13 imaxes que recollen diferentes temáticas sociais; desde o oficio das redeiras ata diferentes instantáneas que a súa autora inmortalizou en tempos de pandemia.

Etiquetas:
16/06/2022

O Concello de Xove, a través da Concellería de Cultura, ven de convocar o VIII Concurso de Fotografía Medioambiental “Xove, a súa costa e o seu mar”. A idea básica deste Concurso é a de potenciar a participación cidadá na protección do medioambiente.

Dentro do concurso haberá unha única categoría. En canto aos premios, serán cinco en metálico:
Primeiro premio: 120 euros
Segundo premio: 100 euros
Terceiro premio: 90 euros
Cuarto premio: 75 euros
Quinto premio: 65 euros

Normas do concurso:
A temática, tal como recolle o título, vai ser a costa e o mar de Xove. As imaxes deberán ser realizadas polos propios participantes, xa que en ningún caso se aceptarán  imaxes copiadas ou realizadas por persoas distintas. Poderanse presentar un máximo de 3 fotografías, as cales deberán ser...

leer más
Etiquetas:
12/05/2022
A Concellería de Medio Ambiente de  Xove convoca un CONCURSO DE FOTOGRAFÍA para celebrar o DÍA DO MEDIO AMBIENTE. Titúlase:  CAL É O TEU ESPAZO   NATURAL  PREFERIDO  DE    XOVE? 
 
  Obxetivo  do  concurso: POTENCIAR O COÑECEMENTO DO MEDIO NATURAL DO NOSO CONCELLO. Para consecución deste obxectivo,  buscamos a imaxe preferida de cada participante do espazo natural (praia, campo, monte, rio, xardín, árbore, pena,…) do Concello de  Xove.   Pode ser unha fotografía dese lugar ou o/a participante realizando unha acción nese entorno natural.
 
 Categorías  de participación: 
    •   INFANTIL ---- ata os 12 anos. 
    •   XUVENIL ---- de 13 a 17 anos (ambos incluídos). 
... leer más
Etiquetas:
02/05/2022

O Concello de Cervo, a través da delegación de Medio Ambiente, convoca o XII concurso fotográfico de medio ambiente “Cervo Respecta 2022”.

O alcalde, Alfonso Villares, e a edil de Medio Ambiente, Mali Méndez, presentaron no día de hoxe a nova edición deste certame.

Tal e como explica a edil, Mali Méndez, “os participantes poderán presentar un máximo de dúas fotografías, baseadas na temática xenérica do medio ambiente, inéditas e orixinais, sacadas en calquera lugar da Comunidade Autónoma de Galicia. Terán que ser imaxes de natureza viva, que sirvan de exemplo de conservación do noso medio”.

Deberanse presentar en formato dixital (JPEG), en alta calidade, a unha resolución mínima de 2.048 px. sen limitación de tamaño en MB; a través do correo...

leer más
Etiquetas:
25/02/2022

O Concello de Viveiro informa que o 7º Concurso de Fotografía Amateur “Mulleres e Traballos” amplía o prazo de recepción das obras ata o próximo martes 8 de marzo de 2022. Dito certame está convocado polo Concello de Viveiro e o Centro de Información á Muller, con motivo da celebración do Día Internacional da Muller Traballadora. 

O concurso diríxese a fotógrafos/as afeccionados que deberán presentar fotografías sobre a temática da muller e do traballo, tanto no ámbito público como no privado. 

Máis información sobre o certame no e-mail cim@viveiro.es ou no teléfono 982550421.

 

Etiquetas:
20/12/2021

O Concello de Foz vén de poñer en marcha unha nova aplicación no CENIMA (Centro de Interpretación da Mariña), que se une ás xa existentes, como a de realidade aumentada patrimonial ou de recreación histórica. Denomínase O paso do tempo con intelixencia artificial, unha pantalla na que se poden visualizar as fotos que estiveron expostas no CENIMA antes da creación da Oficina Virtual de Turismo e  onde se reviven momentos do pasado a través de escenas cotiás e os ambientes de Foz en décadas pasadas, anuncia o concelleiro de Turismo Chema Linares.

O edil explica que “esta aplicación foi realizada por Ilux Virtual Tegnology, a mesma empresa que fixo o proxecto de A Mariña Virtual e que se encarga do mantemento e asistencia técnica en todas as aplicacións. Tratamos así de recuperar, conservar e preservar o noso patrimonio inmaterial, onde...

leer más
Etiquetas:
17/11/2021

A exposición fotográfica Express-Arte estará na Casa da Cultura de Burela ata o 29 de novembro en horario de luns a venres de 11:00 a 13:00 horas e de 18:00 a 20:00 horas.

Esta mostra foi creada no marco dun programa de inserción laboral para vítimas de violencia de xénero e forma parte das actuacións enmarcadas na Rede de Entidades Locais contra a Violencia de Xénero da que forma parte o Concello de Burela.