San Ciprián
O Concello de Cervo ultima os preparativos para celebrar a 41ª edición da Festa da Maruxaina, “unha das citas máis emblemáticas do verán galego e unha festa declarada de Interese Turístico Galego que volverá converter San Ciprián no epicentro da tradición mariñeira, da cultura popular e da convivencia. Durante varios días desenvolverase unha programación pensada para todos os públicos, na que non faltarán a música de rúa, a gastronomía, os actos tradicionais e, como gran protagonista, a chegada da lendaria Maruxaina á Praia do Torno”.
“Como complemento ás actividades desde o luns 3 ata o xoves día 6 haberá tamén viaxes en barco aos Farillóns con saída desde o porto de San Ciprián de 10:00 a 14:00 horas e de 16:00 a 19:00 horas (luns e xoves); e martes e mércores en horario de tarde, ofrecendo a oportunidade de coñecer desde o mar un dos...
leer másO municipio de Cervo acollerá a celebración do Día do Turista este sábado, día 1 de agosto, evento organizado polo Centro de Iniciativas Turísticas (CIT) de San Ciprián coa colaboración da administración local. Na presentación da xornada participaron a alcaldesa, Dolores García Caramés; a concelleira Mali Méndez; e membros da directiva do CIT, entidade promotora desta cita estival.
O Concello de Cervo anuncia que o evento “ofrecerá un completo programa de actividades dirixidas a públicos de todas as idades, co obxectivo de dinamizar a vila, e favorecer a convivencia entre veciñanza e visitantes. A programación arrancará cunha actividade de castelos na area, na Praia do Torno, cuxa inscrición se pode facer alí mesmo entre as 11:00 e as 11:30 da mañá; seguida dunha comida degustación de salpicón de bonito na sede do CIT, ás 14:30 horas. Xa...
leer másO Pavillón da Veiga, en San Ciprián, será o escenario este próximo sábado, día 25 de xullo, do VII Torneo Maruxaina de Tenis de Mesa, organizado polo Club Deportivo San Ciprián en colaboración co Concello de Cervo.
A cita foi presentada pola alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, polo coordinador da sección de Tenis de Mesa do CD San Ciprián, Fernando Fernández, e polo xogador local Estéfano Berruezo.
A competición contará con medio cento de participantes procedentes de diferentes clubs de Galicia, Asturias, Castela a Mancha ou Italia. Está previsto que comece ás 10:00 horas e prolongarase durante toda a xornada do sábado. Haberá trofeos para os catro primeiros clasificados.
A rexedora destacou que para o Concello de Cervo “é un orgullo volver colaborar cun evento que xa se...
leer másO Concello de Cervo anuncia que San Ciprián volverá render homenaxe á Virxe do Carme cun amplo programa de actividades que se desenvolverá entre os días 11 e 18 de xullo.
As celebracións arrancarán este sábado, día 11 de xullo, coa tradicional Gran Mexillonada Popular, organizada pola Asociación Amigos da Maruxaina, na Praza dos Campos, a partir das 20:00 horas.
O mércores 15, primeiro día grande das festas, haberá sesión vermú coa orquestra Supertop. Pola tarde celebrarase a misa solemne na igrexa parroquial de Lieiro, cantada pola Coral Terramar, á que seguirá a tradicional baixada da Virxe do Carme ata o peirao, organizada pola asociación Mar de San Ciprián, acompañada pola Banda San Inocencio de Burela e polo grupo de gaitas de A Rebolaxe. “Durante este emotivo acto renderase unha homenaxe a Luis Orive López...
leer másO Concello de Cervo anima á veciñanza e aos visitantes a participar na tradicional Festa de San Xoán de San Ciprián, organizada polo grupo A Rebolaxe, que terá lugar o martes 23 de xuño no aparcadoiro do estanco da Praia do Torno.
“A programación dará comezo ás 19:45 horas coa actuación de Cuarteto Illa Pancha. Ademais, durante a tarde celebrarase o sorteo dunha paleta de porco. A partir das 20:00 horas haberá hamburguesas á grella e bocadillos de touciño e chourizo á venda para todas as persoas asistentes. Xa pola noite, ás 21:30 horas, será o concerto de Mi Rollo es el Rock, e á medianoite (00:00 horas) prenderase a tradicional fogueira de San Xoán, un dos momentos máis agardados da celebración”, anuncia o Concello de Cervo.
A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, presentou o evento acompañada do...
leer másO Concello de Cervo anuncia que este sábado, día 16 de maio, ás 17:00 horas haberá un novo faladoiro de Arruguiñas Charlando. Será no local social da Asociación Terramar, na Casa do Mar.
Susana Vázquez Fernández (coach de saúde emocional e facilitadora en procesos de duelo e perda) ofrecerá o faladoiro titulado Xestión do ánimo, “centrado en aprender a relaxarnos, pensar en positivo e coidar a mente para mellorar o noso benestar emocional. Un encontro aberto á veciñanza para compartir, aprender e coidarnos entre todos e todas”.
É unha actividade organizada polo Concello de Cervo co apoio e colaboración da Asociación de Xubilados Terramar.
A asociación Saúde Mental A Mariña organiza unha cea baile benéfica para o día 25 de abril, sábado. Será ás 21:00 horas na Praza dos Campos, de San Ciprián (Cervo) e estará amenizada por Discomóvil Conxuro.
“Xa podes mercar os tickets para acompañarnos neste gran día de celebración. Toma nota de onde o podes facer ata o 21 de abril: Restaurante O Noso Lar, de San Ciprián; Unidade Residencial A Mariña (Cervo); Residencia Resort Saúde Mental Cervo; e nos CRPL de Burela, Viveiro e Ribadeo”, anuncia a asociación organizadora, que tamén indica: “se non podes asistir ao evento pero queres colaborar podes contribuír mediante a Fila Cero”.
Esta actividade conta coa colaboración do Concello de Cervo.
O Concello de Cervo anuncia que se converterá “no epicentro dunha proposta cultural de gran singularidade coa inauguración, este mércores día 1 de abril ás 13:30 horas na Casa da Cultura de San Ciprián, da exposición Baleas a Flote: Arte en Madeira e Mar, de Francisco Martínez-Pin. O acto, aberto ao público, marcará o inicio dunha iniciativa que transcende o ámbito expositivo para se converter nunha auténtica viaxe pola historia, a arte e a defensa do medio mariño”. Esta mostra poderá visitarse durante todo o mes de abril.
“Baleas a Flote constitúe o punto de partida do proxecto Tornaviaxe polo Cantábrico, un percorrido simbólico polos antigos portos baleeiros que unirá Galicia co País Vasco francés, recuperando a memoria colectiva das vilas mariñeiras e poñendo en diálogo o pasado co presente a través da...
leer másA terceira edición do Festival do Guioncho celébrase na Praza dos Campos, de San Ciprián (Cervo) este mércores, día 1 de abril.
Este evento está organizado pola Comisión de Festas de Lieiro, que anuncia: “xa está aquí o III Festival do Guioncho! O mércores 1 de abril na Praza dos Campos, de San Cibrao (Cervo). Prepárate para unha noite inesquecible con El Combo Dominicano e a xira WAYKAS Survivor Tour, ademais de DJ Pablo Conxuro poñendo o ritmo ata que o corpo aguante!”.
A entrada en venda anticipada ten un prezo de 10 euros e 12 euros en taquilla. A apertura de portas será ás 22:30 horas. Haberá servizo de autobuses e recinto con carpa.
O Concello de Cervo anuncia: “esta Semana Santa temos Guateque de Arruguiñas! O martes 31 de marzo na Casa do Mar, de San Ciprián, ás 19:30 horas. Ademais haberá bingo e chocolate, da man do alumnado de II Bach en colaboración coa Oficina de Voluntariado Xuvenil”.
É unha actividade do Concello de Cervo en colaboración coa Asociación de Xubilados Terramar.












