San Ciprián

27/02/2023

O concello de Cervo celebrará este vindeiro sábado 4  de marzo a Festa do Mexillón, que vai pola XXIX edición. 

Ao longo da xornada os 8 locais participantes ofrecerán unha ampla degustación de tapas que terán no mexillón o seu denominador común. Participarán O Noso Lar, Las Titas, A Bodega, O Faro, Aquelarre, Maruxaina, O Trasgo e o CIT. 

Tamén haberá venda de mexillón cocido na carpa da Praza dos Campos da man da asociación Amigos da Maruxaina desde o mediodía.

A festa estará amenizada pola Disco Móbil Conxuro durante a sesión vermú desde ás 13:30 horas, e repetirá pola noite tras a actuación da orquestra Fania Blanco Show prevista para as 22:30 horas.

Villares quixo salientar que “este tipo de festas gastronómicas contribúen a darlle vida á nosa vila e sempre...

leer más
04/01/2023

Os Reis Magos farán mañá unha parada no camiño para ver aos /ás nenos/as do concello de Cervo.
 
Cabalgata de San Ciprián: partirá ás 17:30 horas do Pavillón da Veiga, e ao remate do percorrido pola vila haberá recepción Real no Auditorio da Casa da Cultura.
 
Cabalgata de Cervo: ás 19:30 horas, con saída da Casa do Concello (NON DAS ESCOLAS VELLAS, COMO ERA HABITUAL) ata a carpa da Praza do Souto, onde haberá recepción Real; organiza Airiños do Xunco coa colaboración do Concello.
 
A continuación haberá a actuación do pallaso Popín e  cantos de Nadal con Cordenaia Cantareiras

 

Etiquetas:
25/12/2022

Tres anos despois regresa o Callo Fest, organizado por Amigos da Troula en colaboración co Concello de Cervo e Seiramar. O festival celébrase o último venres do ano dende 2017 co fin de despedir o ano ao ritmo de rock.

Os concertos comezarán as 19:00H na carpa instalada na Praza dos Campos de San Ciprián e rematarán ben entrada a noite co reparto de callos para todos os alí presentes.

O cartel deste ano esta formado polo grupo galego Broken Peach, que ofrece un toque persoal ás típicas versións de rock, funky, gospel e pop, fusionando música e espectáculos extravagantes e Mileth, unha banda que xorde na Mariña Lucense co obxetivo de combinar folk e pagan metal nacido das raíces máis fondas do folclore e do enxebrismo galegos.

Contarase tamén con Mi rollo es el rock, un clásico da comarca...

leer más
10/11/2022

Cervo protagoniza a nova campaña de lotería de Nadal que se presentou este mesmo xoves e que se compón de tres historias, unha delas rodada neste municipio.

Baixo título “Tres Orquídeas” o anuncio que se emite desde hoxe mesmo, conta unha fermosa historia chea de xenerosidade que xira en torno ao Faro de San Ciprián. 

A gravación levouse a cabo durante a fin de semana do 22 e 23 de outubro e entre as localizacións escollidas están o Faro da Atalaia, o Bar Aquelarre ou Efectos Navais Rubio.

Tal e como precisou Villares, “é un orgullo que o noso municipio fose o escollido para rodar un dos anuncios máis agardados do ano”. Desde o Concello tentamos facilitar na medida do posible a rodaxe –precisou- porque entendemos que é unha oportunidade protagonizar o spot por excelencia do ano.

... leer más
30/10/2022

No marco do ciclo de Concertos do Xacobeo, chegan a Cervo Tanxugueiras o 4 de novembro e Roi Casal o 5 de novembro.

O concerto de Tanxugueiras, que tivera que aprazarse por mor do mal tempo hai semanas, dará comezo ás 20.00 horas na Praza dos Campos, en San Ciprián. Será o vindeiro venres, 4 de novembro.

E  no mesmo escenario, na Praza dos Campos, actuará Roi Casal ao día seguinte, o 5 de novembro, a partir das nove da noite.

A entrada para ambos concertos é libre. Desde o Concello de Cervo animan a asistir: “non podedes perdervos esta gran homenaxe á Cultura Galega”.

Etiquetas:
06/10/2022

En cinco establecementos hostaleiros de San Ciprián (Bar Aquelarre, Mesón A Bodega, Pizzería Las Titas, Terraza O Noso Lar e Bar O Faro) desenvólvese a ruta de tapas SanciTapeando todos os xoves desde o 6 de outubro ata o 15 de decembro. O prezo por tapa é de 2,50 euros.

Entre os participantes na ruta sortearanse dous premios: vales de 200 e de 100 euros para gastar nos locais participantes.

Este evento gastronómico organízase coa colaboración do Concello de Cervo. 

 

25/08/2022

O Concello de Cervo e o C.D. San Ciprián organizan a !ª Carreira Popular Península da Paz que terá lugar o domingo 4 de setembro en San Ciprián, coa colaboración da Xunta de Galicia.

A cita deportiva foi presentada na pista de atletismo da Veiga –de onde partirá a carreira- polo rexedor, Alfonso Villares, o edil de Deportes e a concelleira de Cultura, David Rodríguez e Dolores García Caramés, respectivamente, polo xefe do servizo provincial de Deportes, Manuel Otero, e en representación do C.D. San Ciprián, por Olga Vicente, que dirixe a sección de atletismo do club, e pola directiva Cristina Barreira.

A proba infantil será ás 11:00 horas e o percorrido de 5.500 metros será íntegro na pista de atletismo. Pola súa banda, a proba absoluta partirá ás 12:00 horas da mesma pista e discorrerá por todo o perímetro...

leer más
11/08/2022

En San Cipirán celebrarase o 13 de agosto a Maruxaina, unha festa declarada de interese turístico galego que está baseada nunha antiga lenda protagonizada pola Maruxaina.

O sábado terán lugar os actos principais, pero xa o venres, 12 de agosto, se poderá desfrutar da festividade. Comezará as 19:00 horas co gran chupinazo na prazoleta, ao quel sigue a concentración de Maruxain@s onde haberá unha degustación de empanadas galegas e bolos preñaos. O último do día será as o nomeamento d@ Maruxain@ de honra, a cargo da Asociación Amigos da Maruxaina, ás 21:00 horas.

O 13 de agosto tamén comezará co gran chupinazo, haberá un pasarrúas con charangas e gaiteiros, seguido dunha xuntanza na Prazoleta as 12:00 horas para comezar un paseo pola vila, amenizado por as charangas Os Atrevidos, Santa Compaña, TNT e Rolling Band...

leer más
Etiquetas:
07/08/2022

Do 8 ao 29 de agosto pódese visitar na Casa da Cultura en San Ciprián unha mostra pictórica de Blanca Dacal. Denomínase Luz de Balea. 

Podéra visitarse de luns a venres en horario de mañá de 9:00 a 14:30 horas, pero fóra deste horario poderase concertar unha cita para visitala no teléfono 659 05 36 35 (Blanca Dacal)

Trátase dunha homenaxe que lle fai a artista á balea, un animal fascinante moi vencellado á historia de San Ciprián!

En palabras de Blanca Dacal: “Con Luz da Balea pretendo rescatar a presenza das baleas da memoria colectiva, así como o vínculo coa iluminación do faro noutros tempos, e surcar xunto a elas os océanos no sono do máis profundo da imaxinación”.

 

06/08/2022

Desde este domingo e ata o mércores, 10 de agosto, na praza dos Campos en San Ciprián haberá tobogáns acuáticos con entrada de balde. 

Os tobogáns selva acuática e X-treme estarán abertos de 16:30 a 20:00 horas, agás o mércores que tamén funcionarán en horario de mañá. Para gozar desta proposta inscriben no mesmo lugar no que se atopan instalados.