San Ciprián

Etiquetas:
03/03/2020

A XXIX edición da Festa do Ourizo terá lugar o sábado 14 de marzo, en San Ciprián. A cita foi presentada polo edil de Turismo, David Rodríguez, polas concelleiras de Cultura e Medio Ambiente, e por representantes da hostalería local. 

A Festa volve contar cun programa cheo de actos e actividades que terán como gran protagonista ao ourizo.

Deste xeito, avanzaron que “un ano máis organizamos un show cooking, que terá lugar na carpa instalada na Praza dos Campos, a partir das 11:45 horas, no que gozaremos vendo as habilidades culinarias en vivo de catro prestixiosos chefs e unha pasteleira todos eles integrantes da Asociación de Cociñeiros da Mariña Lucense  que cociñarán ante as persoas asistentes sorprendentes e innovadoras receitas elaboradas coa base do ourizo: Bruno Pena do Oca Playa de Foz Hotel & Spa,...

leer más
24/02/2020

O Concello de Cervo, a través da delegación de Deportes e en colaboración coa Escola de Mergullo Centro de Actividades Subacuáticas Costa Lugo, organiza unha nova xornada de bautismo de mergullo na Piscina Olímpica de Lieiro.

A actividade, presentada polo concelleiro de Deportes, David Rodríguez, polo instrutor do club, Julio Vázquez, e por varios integrantes da Escola, será o sábado 7 de marzo entre as 10:00 e as 14:00 horas.

A idade mínima para participar está fixada nos 16 anos.

Desde o Concello recordan “que a piscina municipal é única na provincia de Lugo polas súas características e ofrece tódalas prestacións para levar a cabo unha actividade deste tipo que permitirá aos participantes realizar unha primeira toma de contacto con este deporte acuático”

Os...

leer más
18/02/2020

A vila de San Ciprián celebrará a XXVII Festa do Mexillón o sábado 29 de febreiro.

Deste xeito, durante todo o día, oito establecementos da vila ofertarán tapas que terán como denominador común o mexillón, en todas as súas variedades e en múltiples combinacións e receitas: en empanada, croquetas, ao vapor, en vinagreta, en pizza, en paté…

O edil de Turismo, David Rodríguez, e a concelleira de Cultura, Dolores García Caramés, presentaron a Festa cunha representación dos hostaleiros de San Ciprián.

Participarán O Noso Lar, Nordesía, Las Titas, O Pulgas, O Faro, Maruxaina, O Trasgo e a Bodega. Ademais editáronse folletos informativos nos que se especifican algunhas das variedades que se poderán saborear en cada un dos locais.  

Rodríguez e Caramés precisaron que “...

leer más
08/01/2020

Dada a gran acollida que tivo a mostra "Basuraleza" de Emilio Pascual Méndez, o Concello de Cervo amplía a súa estadía na sala de exposicións da Casa da Cultura ata o 31 deste mes de xaneiro, en horario de 9:00 a 14:00 horas e de 17:00 a 20:00 horas.

"Basuraleza" está conformada por 15 pezas elaboradas con restos que o autor atopou e recolleu en contornas naturais, reconverténdoos en obras pictóricas, para concienciar sobre a importancia de Reducir, Reutilizar e Reciclar, e sobre todo de ser máis respectuosos co medio.

 

04/01/2020

Os Reis Magos sairán este domingo, 5 de xaneiro, ás 18:00 horas do Pavillón da Veiga de San Ciprián, e logo recibirán aos pequenos na Casa da Cultura.

Os Magos de Oriente ás 19:00 horas partirán das Escolas Vellas de Cervo. 

E a continuación o grupo de teatro O Bordelo presentará a súa nova obra: "Conquistando ilusións" no salón de actos do Concello. Será a partires das 20:30 horas. 

02/01/2020

O Concello de Cervo organiza mañá, 3 de xaneiro, a festa acuática infantil. A entrada é libre. 

O evento desenvolverase de 17 a 19 horas na piscina de Lieiro en San Ciprián. 

Os nenos e nenas menores de sete anos deberán ir acompañados por pai, nai ou titor/a. Ao igual que os menores de dez anos que non saiban nadar. 

Etiquetas:
23/12/2019

Ata o 5 de xaneiro pódese visitar na Casa da Cultura, de San Ciprián, a mostra "Basuraleza", de Emilio Pascual Méndez.

A exposición está conformada por 15 pezas elaboradas con restos que o autor atopou e recolleu en contornas naturais, reconverténdoos en obras pictóricas, para concienciar sobre a importancia de Reducir, Reutilizar e Reciclar, e sobre todo de ser máis respectuosos co medio.

A mostra está aberta de luns a venres en horario de 9 a 14:30 horas e de 16 a 20 horas. 

16/12/2019

O Concello de Cervo acollerá o sábado 21 de decembro o XII Campionato de Nadal de Nihon Taijitsu nas modalidades de Kata Individual  e Goshin Shobu (defensa persoal).

O evento foi presentado polo edil de Deportes, David Rodríguez, e polo presidente da Escola de Artes Marciais de Cervo e director do departamento de Taijitsu da Federación Galega de Kárate, Miguel Ángel Rojo. 

O escenario da competición, que comezará ás 17:00 horas, será o Pavillón da Veiga de San Ciprián. 

Estímase que serán medio cento os participantes, entre nenos e adultos, que participarán na competición, dos cales o 60 % serán representantes da Mariña.

Haberá medallas para todas as persoas participantes, e trofeos para os tres mellores de cada unha das 8 categorías.

 

Etiquetas:
15/12/2019

A terceira edición do Callo Fest encherá de música a vila de San Ciprián o venres, 27 de decembro.

O festival, que terá lugar nunha carpa instalada na Praza dos Campos e con entrada libre, foi presentado polo rexedor, Alfonso Villares, concelleiros, e por varios dos membros da Asociación Amigos Da Troula, organizadora do festival, coa colaboración do Concello de Cervo.

A cita vense celebrando o último venres do ano desde 2017 co fin de despedilo a ritmo de rock.

Os concertos comezarán ás 20:30 horas na carpa instalada na Praza dos Campos de San Ciprián e rematarán ben entrada a noite co reparto de callos de balde para todos os alí presentes. 

O cartaz este ano está formado por Blow, unha banda que destaca pola súa versatilidade, pois fai versións de diferentes...

leer más
04/11/2019

O alcalde, Alfonso Villares, a edil de Cultura, Dolores García Caramés, e varios membros da asociación A Rebolaxe, presentaron o Magosto que terá lugar este próximo sábado, 9 de novembro, a partir das 19:00 horas, na Casa do Mar de San Ciprián.

A cita está organizada por este colectivo coa colaboración do Concello de Cervo, que anima a veciños e visitantes a participar na actividade na que haberá castañas, bocadillos, touciño, salchichas, música, karaoke e sorteos.

Xa ás 20:00 horas está prevista a actuación de Pakolas co seu espectáculo infantil “As parábolas de Pakolas”, como colaboración especial do Concello de Cervo para este evento.