Tobogáns
O Concello de Trabada vén de instalar dous novos tobogáns na piscina municipal “co obxectivo de mellorar as instalacións deportivas e ampliar as opcións de lecer para os nenos e nenas do municipio durante a tempada de verán. A medida enmárcase dentro da liña de traballo do Concello para seguir ofrecendo servizos públicos de calidade, adaptados ás necesidades da veciñanza e especialmente da mocidade, que cada ano fai un uso intensivo da piscina como punto de encontro e diversión nos meses estivais”.
O alcalde de Trabada, Rubén García, sinalou: “seguimos mellorando as instalacións deportivas do noso municipio, nesta ocasión coa instalación de dous tobogáns na piscina municipal. Trátase dunha pequena actuación que supón unha nova proposta de lecer para que as rapazas e rapaces poidan gozar aínda máis do seu tempo na piscina. Desde o Concello...
leer másTrátase dun impresionante tobogán de 6 metros de alto que termina nunha piscina chamado Super Blue. E tamén o Kamikaze. A entrada é de balde, pero é preciso inscribirse no mesmo lugar.
O 4 de setembro funcionarán en horario de 17 a 20 horas. E os días 5, 6 e 7 será de 12:30 a 14 horas polas mañás e de 17 a 20 horas polas tardes.
Segundo informa o Concello de Cervo hai un horario reservado a Concilia o martes, mércores e xoves entre as 11 e as 12:30 horas.
O Concello de Cervo programa para este fin de semana unha actividade con tobogáns acuáticos que estarán na praza dos Campos, en San Ciprián, ata o vindeiro luns, 6 de setembro.
A entrada é de balde e a inscrición farase no mesmo lugar. O horario de entrada libre será de 17:00 a 20:00 horas, o venres; de 11:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00 horas, o sábado e o domingo; e de 17:00 a 20:00 horas, o luns. O horario reservado ao programa Concilia é de 11:00 a 14:00 horas do luns.
Estarán o tobogán deslizador Selva Acuática, para maiores de 4 anos, de seis metros de altura e un deslizante que termina nunha piscina; e o tobogán acuático Z-Gravity, para persoas de máis de 1´40 cm de altura.