Tobogáns acuáticos na Praza dos Campos, en San Ciprián, do 3 ao 6 de setembro.

O Concello de Cervo programa para este fin de semana unha actividade con tobogáns acuáticos que estarán na praza dos Campos, en San Ciprián, ata o vindeiro luns, 6 de setembro.

A entrada é de balde e a inscrición farase no mesmo lugar. O horario de entrada libre será de 17:00 a 20:00 horas, o venres; de 11:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00 horas, o sábado e o domingo; e de 17:00 a 20:00 horas, o luns. O horario reservado ao programa Concilia é de 11:00 a 14:00 horas do luns.

Estarán o tobogán deslizador Selva Acuática, para maiores de 4 anos, de seis metros de altura e un deslizante que termina nunha piscina; e o tobogán acuático Z-Gravity, para persoas de máis de 1´40 cm de altura.