Persoal

Etiquetas:
08/11/2017

O CIM de Viveiro organiza un curso de Defensa Persoal e Autocapacidades os días 22 e 30 de novembro.

Este curso está dirixido a mulleres, será impartido pola Academia Galega de Seguridade Pública e é gratuíto. O prazo de inscrición remata o 17 de novembro e o número de prazas é limitado.

As interesadas poden recibir máis información e anotarse no CIM de Viveiro, na avenida Cervantes s/n, ou nos números de teléfono 982 55 04 21 e 649 99 07 37, e cim@viveiro.es.

Colabora na organización desta actividade a Secretaría Xeral de Igualdade da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza.