Sound System
31/03/2015
A Semana Santa burelá tremerá un ano máis ao ritmo da música underground. Os días 3 e 4 de Abril celebrarase nesta localidade a V Edición do Aversion Fest, que contará coa presenza de artistas nacionais e internacionais consagrados dentro do xénero.
As bandas españolas Vita Imana e Escuela de Odio encabezan un cartaz que inclúe artistas moi recoñecidos, tanto a nivel estatal - In Mute, Núcleo Terco - como galego - Nao, Twenty Fighters, Xenderal - e incluso no panorama underground internacional - Black Knives, Challenge o Mexican Stepper.
A novidade principal desta edición é a ampliación do recinto e a inclusión dunha nova área musical, a "Sound System Area", froito da colaboración da A.C Cultura Ceibe con MaisLume Kolektive. Para...
leer más 01/03/2015
Segundo explican desde a organización “estas datas mantéñense desde a fundación do festival en 2011, e son xa unha seña de identidade do evento”.
Unha das novidades deste ano é a ampliación das instalacións do festival: “nas dúas últimas edicións habilitamos o pavillón dos institutos como recinto, mais na vindeira as instalación abarcarán o pavillón dos institutos e un amplo espazo exterior, preto desas instalacións. Fundamentamos esta ampliación na necesidade de habilitar unha zona onde os asistentes poidan pernoctar, facilitando a asistencia de público os dous días do festival”.
Os organizadores subliñan que “o cambio máis importante a resaltar no programa de actividades é a inclusión dunha sound system. Este formato goza da...
leer más