O Aversion Fest reivindica a música underground por quinto ano consecutivo. O festival terá lugar os días 3 e 4 de abril en Burela.

O Aversion Fest reivindica a música underground por quinto ano consecutivo. O festival terá lugar os días 3 e 4 de abril en Burela.
 
A Semana Santa burelá tremerá un ano máis ao ritmo da música underground. Os días 3 e 4 de Abril celebrarase nesta localidade a V Edición do Aversion Fest, que contará coa presenza de artistas nacionais e internacionais consagrados dentro do xénero.
As bandas españolas Vita Imana e Escuela de Odio encabezan un cartaz que inclúe artistas moi recoñecidos, tanto a nivel estatal - In Mute, Núcleo Terco - como galego - Nao, Twenty Fighters, Xenderal - e incluso no panorama underground internacional - Black Knives, Challenge o Mexican Stepper.
A novidade principal desta edición é a ampliación do recinto e a inclusión dunha nova área musical, a "Sound System Area", froito da colaboración da A.C Cultura Ceibe con MaisLume Kolektive. Para tódalas asistentes estará habilitada unha zona de acampada a cuberto no Pavillón dos Institutos de Burela, a escasos metros do recinto, e ofértanse actividades gratuítas como complemento ás dúas áreas musicais.
O acceso a ambas carpas ten un custo de 17 en anticipada ou 20 en taquilla, para a totalidade do evento, existindo outros bonos máis sinxelos e económicos. Calquera información adicional pode consultarse a través do Facebook do festival, facebook.com/aversionfest ou a través do email de contacto info@aversionfest.com
Nome da asociación: Asociación Cultural Cultura Ceibe.
Datas: 3 e 4 de Abril en Burela.
 
Prezos:
•BONO XERAL 2 DÍAS: 17€ anticipada / 20€ taquilla.
•BONO XERAL 1 DÍA: 13€.
•BONO SOUND SYSTEM 2 DÍAS: 10€.
 
 
Datos importantes:
•Acampada gratuita e a cuberto.
•Nova área musical, "Sound System Area", en colaboración co colectivo MaisLume Kolektive.
 
Datos importantes:
•Presenza de artistas internacionais.
•Presenza de grupos consagrados no panorama destes xéneros (Escuela de Odio, Vita Imana…)
•Presenza de grupos importantes e recoñecidos na comunidade Galega (Nao, Twenty Fighters, Xenderal, ...).
•Apertura de portas: 19h carpa principal / 00:00h carpa Sound System (ambos días).
•ANIVERSARIO POLA 5ª EDICIÓN.
 
Programa de actividades completo:
•Venres 3 de Abril
 
◦16:00h Charla-coloquio "Tatuaxes e modificacións corporais" no CSA Xebra! (C/ Leandro Cucurny s/n)
◦17:00h Aversion Fest Caravan, parada na cervexería-vinoteca "O Traste"
◦18:00h Aversion Fest Caravan, parada no bar-restaurante "Boas Migas"
◦19:00h Apertura da carpa principal no recinto do festival
◦00:00h Apertura da carpa soundsystem no recinto do festival
 
•Sábado 4 de Abril
◦12:00h Concentración biker no recinto do festival a cargo de Sleepwalkers MC, Aversion Fest Caravan (parada no mercadiño do festival)
◦13:00h Aversion Fest Caravan, parada na cervexería "O Sitio"
◦14:00h Aversion Fest Caravan, parada na cervexería "Primeira Toma"
◦15:00h Concerto de balde de ZONA ZERO no mercadiño do festival
◦16:00h I Descenso de Longboards "Rego do Perdouro" + obradoiro de iniciación a este excitante deporte (acceso sur do recinto).
◦17:30h Espectáculo circense no mercadiño do festival
◦19:00h Apertura da carpa principal no recinto do festival
◦00:00h Apertura da carpa soundsystem no recinto do festival