Camiño Escena Norte

13/10/2025

O peche desta sétima edición de Camiño Escena Norte chegará da man da compañía asturiana Zig Zag Danza. Postales Rotas, a súa premiada proposta de danza contemporánea para todos os públicos que aborda a realidade da migración en Asturias nos séculos XIX e XX -Premio Oh! das Artes Escénicas 2025 ao Mellor Espectáculo e Premio Jovellanos á Produción Escénica 2024- poderase ver o domingo 26 de outubro no Auditorio Municipal Hernán Naval de Ribadeo.

A venda de entradas será desde 30 minutos antes da función na billeteira do auditorio e o prezo é de 3 euros.

Camiño Escena Norte nace no 2019 co obxectivo de promover o intercambio cultural a través das artes escénicas, tomando como fío condutor os roteiros históricos do Camiño de Santiago do norte da Península Ibérica. Ao longo destes sete anos Camiño Escena...

leer más
06/09/2025

A sétima edición do proxecto de intercambio cultural Camiño Escena Norte, que se presentou na Praza do Obradoiro (Santiago), achegará espectáculos de danza, teatro e circo a dez localidades de Galicia, entre elas Foz e Ribadeo, os días 13 de setembro e 26 de outubro respectivamente. A programación, que conta co apoio da Xunta de Galicia a través da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic), presentará pezas para públicos de todas as idades de compañías orixinarias de Asturias, Cantabria, Euskadi, Navarra e A Rioxa, territorio que se incorpora á iniciativa neste 2025.

Baixo o lema Sementar, coidar, xermolar, a sétima edición de CEN achegará até distintos escenarios e públicos os traballos de compañías que forman parte deste programa de intercambio, no que Galicia tamén exportará o seu talento aos demais territorios a través...

leer más