San Ciprián

24/03/2019

O alcalde de Cervo, Alfonso Villares, e a edil de Servizos Sociais, Pilar Armada, acompañados por varias mulleres encaixeiras de San Ciprián, presentaron o XVI Encontro de Palilleiras que terá lugar o 6 de abril, no Pavillón da Veiga.

As persoas interesadas en formar parte do evento, con prazas limitadas, aínda están a tempo de anotarse na Casa da Cultura (982.59.51.57). O aforo para os postos de venda de produtos relacionados coa actividade xa está completo cunha trintena de establecementos que se darán cita no evento.

Armada avanzou que este ano, ademais da tradicional demostración das artesás, “quixemos recuperar o desfile de traxes de liño con encaixe, que lle dá un valor engadido a este evento consolidado que reúne, ano tras ano, a máis de medio milleiro de palilleiras procedentes de todos os recunchos de...

leer más
12/03/2019

Ata o 26 de marzo pódese visitar na Casa da Cultura de San Ciprián a exposición “Áreas Mariñas Protexidas”, unha actividade complementaria á Festa do Ourizo, que se celebra este sábado, día 16.

A mostra foi elaborada polo Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia (CEIDA); e o obxectivo pasa por sensibilizar ao público visitante arredor da importancia do mar e do litoral como patrimonio esgotable e recurso cultural e económico; dar a coñecer a figura das áreas mariñas protexidas como eficaz estratexia de conservación do mar e do litoral, e sinalar o papel que cada un de nós pode xogar á hora de inclinar a balanza cara á conservación, ou non, do mar.

A información que se pode atopar estrutúrase en catro bloques: recursos do mar, problemáticas de conservación, a pesca en Galicia e as Áreas...

leer más
Etiquetas:
06/03/2019

A XXVIII edición da Festa do Ourizo terá lugar o sábado 16 de marzo, en San Ciprián. A cita foi presentada hoxe polo alcalde de Cervo, Alfonso Villares, a edil de Turismo, Mali Méndez, e por representantes da hostalería local. 

A Festa volve contar cun programa cheo de actos e actividades que terán como gran protagonista ao ourizo.

Deste xeito, avanzaron que “un ano máis organizamos un show cooking, que terá lugar na carpa instalada na Praza dos Campos, a partir das 12:00 horas do mediodía, no que gozaremos vendo as habilidades culinarias en vivo de castro prestixiosos/as chefs que cociñarán ante as persoas asistentes sorprendentes e innovadoras receitas elaboradas coa base do ourizo: Manicha do restaurante Rotilio (Sanxenxo), Jorge Gago do restaurante A Maceta (Santiago), Miguel Roquiño do restaurante A do Borlo...

leer más
Etiquetas:
28/02/2019

O Concello de Cervo organiza unha festa infantil de Entroido que terá lugar o luns, 4 de marzo ás 17:30 horas na praza dos Campos en San Ciprián.

Haberá pasarrúas a cargo da asociación Rebolaxe, inchables, talleres, música e servirase chocolate aos asistentes. Tamén terá lugar o espectáculo-show infantil Mundo Disney. 

 

21/02/2019

O Concello de Cervo programa o tradicional desfile de Entroido, para o martes, 5 de marzo.

Así o anunciaron o rexedor, Alfonso Villares, e a edil de Cultura, Dolores García Caramés, durante a presentación do evento, na que tamén estiveron presentes representantes do Centro de Iniciativas Turísticas (C.I.T.), que se encarga de organizar a Comida de Entroido; de A Rebolaxe, que venderá os bolos preñados, e da Protectora de Animais Coletiñas, que tamén anunciaron o seu Carnaval Coletudo, que terá lugar o venres, 1 de marzo, na Casa do Mar de San Ciprián.

O desfile  de San Ciprián partirá ás 18:00 horas da carpa instalada na Praza dos Campos, e os disfraces percorrerán a Avenida da Mariña, chegarán ata a Ría e ata o Pedregal, para rematar no punto inicial.

A Charanga Os Macanudos amenizará a...

leer más
21/02/2019

O sábado, 23 de febreiro, terá lugar a XXVI Festa do Mexillón, con tapas protagonizadas por este molusco que se servirán nos locais hostaleiros de San Ciprián, durante toda a xornada.

Tradicionalmente esta festa celebrábase na Semana Santa, pero decidiuse cambiala de datas porque agora o produto é de moi boa calidade.

Xa pola tarde-noite o grupo local A Rebolaxe amenizará a festa polos diferentes establecementos.

 

17/02/2019

San Ciprián acollerá o 13 de abril a VI Foliada Nordestía cun programa completo e variado pensado para todos os públicos.

A cita, organizada por A Rebolaxe e que conta coa colaboración do Concello de Cervo, foi presentada pola edil de Cultura, Dolores García Caramés, e por varios membros deste grupo.

O programa comezará ás 12:30 horas con Cantos de Taberna, ás 15:15 horas está previsto un xantar popular e xa pola tarde haberá xogos infantís e un obradoiro de baile.

Como broche de ouro da xornada, ás 21:30 dará comezo o Festival que contará coa actuación dos grupos A Rebolaxe, Son do Xabre, Os Carecos e A Compañía o Ruído; non faltarán os callos e a queimada.

O Concello de Cervo convida á veciñanza e ás persoas visitantes a gozar dunha xornada única na que a...

leer más
14/02/2019

A delegación de Cultura do Concello de Cervo programa para este sábado, 16 de febreiro, a actuación do grupo de teatro A Adala Infantil, que poñerá en escena a obra titulada Que cousas pasan no Camiño. 

A representación terá lugar no auditorio da Casa da Cultura de San Cibrao, ás 19:30 horas.
A función está dirixida a todos os públicos.

02/02/2019

A edila de Servizos Sociais, Muller e Igualdade, Pilar Armada, informa de que xa está aberto o prazo para participar no XVI Encontro de Palilleiras que se celebrará o 6 de abril, no Pavillón da Veiga, en San Ciprián.

As persoas interesadas en formar parte do evento, con prazas limitadas, poden anotarse na Casa da Cultura (982.59.51.57).

O programa completo farase público proximamente, pero Armada xa avanzou que este ano, ademais da tradicional demostración das artesás, “quixemos recuperar o desfile de traxes de liño con encaixe, que lle dá un valor engadido a este evento consolidado que reúne, ano tras ano, a máis de medio milleiro de palilleiras procedentes de todos os recunchos de Galicia”.

 

23/01/2019

Ata o 20 de febreiro pódese visitar na Casa da Cultura, de San Ciprián, a exposición de gravado e debuxo de Comeluz, artista polifacético natural das Pontes.

A mostra está composta por unha serie de estampas (gravados, litografías, linóleos, serigrafías e xilografías), debuxos e pinturas que o artista puido desenvolver durante os seus anos de estudo das Artes en Lugo e Salamanca, así como de varias pezas realizadas nos últimos anos.

No acto de inauguración participaron o alcalde, Alfonso Villares, e outros membros do equipo de goberno.