San Ciprián

Etiquetas:
06/08/2019

O Concello de Cervo organiza o vindeiro xoves, 8 de agosto, o III Torneo Maruxaina no que se presentará o primeiro equipo do Club Deportivo San Ciprián.

A cita foi presentada no Campo de fútbol da Veiga, polo alcalde de Cervo, Alfonso Villares, o edil de Deportes, David Rodríguez, o presidente do Club Deportivo San Ciprián, Manel Gómez, e por Borja Rego, membro da directiva deste ente.

O torneo, organizado polo Club Deportivo San Ciprián, coa colaboración do Concello de Cervo, enfrontará ao C.D. San Ciprián (2ª Galicia) e ao Viveiro C.F. (Preferente).

Villares sinalou que “este evento deportivo xa consolidado  é un complemento perfecto para a Festa da Maruxaina que ten lugar esa fin de semana, podemos dicir que o deporte marca, neste caso, o punto de partida desta celebración tan...

leer más
06/08/2019

Este xoves, 8 de agosto, darán comezo os actos da Maruxaina 2019, festa declarada de Interese Turístico Galego, coa presentación do libro María na busca da liña do horizonte, de Esther López Castro. O acto, organizado pola asociación Amigos da Maruxaina, terá lugar no Museo do Mar de San Ciprián ás 20:00 horas.

O venres, 9 de agosto, ás 19:00 horas, celebrarase o gran chupinazo e despois será a concentración de maruxain@s para encher o bandullo cunha degustación, a prezos módicos, de empanadas típicas galegas e bolos preñaos. Ás 21:00 horas procederase ao nomeamento d@ Maruxaino de Honra 2019, a cargo da asociación Amigos da Maruxaina.

O sábado, 10 de agosto, ás 11:00 horas, será o gran chupinazo e despois haberá actuacións de charangas e gaiteiros. De 11:00 a 14:00 horas na praza dos Campos realizaranse talleres...

leer más
05/08/2019

A axencia de viaxes Augasantas, de Ribadeo, que dirixe o barreirense Adrián Expósito Dorado, ofrece servizo de autobús para desprazarse a San Ciprián (Cervo) este sábado, 10 de agosto, con motivo da celebración da festa da Maruxaina. Os autocares terán saídas desde Ribadeo, Barreiros e Foz.

O primeiro servizo sairá de Ribadeo ás 17:00 horas e o segundo ás 21:00 horas e fará paradas para recoller viaxeiros en Barreiros e Foz. Para regresar tamén haberá dous servizos, un ás 05:00 e o outro ás 07:00 horas. O prezo da viaxe de ida e volta é de 10 euros por persoa.

A reserva de prazas pode facerse na axencia de viaxes Augasantas, de Ribadeo, ou a través do teléfono 676.44.54.65.

 

05/08/2019

O Concello de Cervo e a asociación Mariña Patrimonio organizan un acto divulgativo sobre a Sauna do Castro da Atalaia, que se celebrará este martes, 6 de agosto, na Casa da Cultura de San Ciprián, ás 20:00 horas.

Intervirán o alcalde de Cervo, Alfonso Villares, e o arqueólogo Emilio Ramil. O rexedor falará sobre as xestións que o Concello leva feito para protexer esta xoia arqueolóxica, así como dos pasos para recuperar este importante ben patrimonial. O arqueólogo Emilio Ramil, que dirixiu a intervención arqueolóxica, informará do que se coñece a día de hoxe sobre esta monumental sauna da Idade do Ferro, redescuberta recentemente no transcurso dunhas obras de mellora nunha rúa da Atalaia.

 

30/07/2019

O Grupo Folklórico Mistura organiza o Festival Folklórico Internacional que se celebrará en San Ciprián o venres, 2 de agosto.

Ás 20:30 horas, na praza dos Campos, actuarán: Gran Ballet Sama de Sri Lanka, Vocal and Dance Ensemble Belgorie de Rusia, Coros y Danzas Virgen del Socorro de Tíjola-Almería e o Grupo Folklórico Mistura de Lieiro.

Ademais o sábado, 3 de agosto, terá lugar o III Festival Folklórico Infantil que dará comezo ás 19:00 horas na praza dos Campos. Actuarán: O Feitizo de Foz, Garrulaxe de Cecebre-A Coruña, Coros y Danzas Virgen del Socorro de Tíjola-Almería e o Grupo Folklórico Mistura de Lieiro.

Colaboran na organización deste evento: Concello de Cervo e Comercio de San Ciprián.

 

19/07/2019

Este sábado, 20 de xullo, no bowl municipal do Parque Reina Sofía, en San Ciprián, terá lugar o Furancho Skate

A actividade está organizada polo Club Limosa Surf, coa colaboración do Concello de Cervo, entre outras entidades patrocinadoras.

A actividade, con inscrición de balde, comezará ás 15:00 horas co quecemento dos skaters freeride, ás 17:00 horas iniciaranse as tandas dos skaters; que se prolongarán durante toda a tarde. A entrega de agasallos está prevista para as 22:30 horas, e a continuación haberá concertos na Praza dos Campos.

Teléfono para información e inscrición: 659 92 54 59

 

15/07/2019

A III Festa do Chicharro Lañado terá lugar este venres, 19 de xullo, no peirao de San Ciprián, a partir das 19:30 horas.

A cita está organizada pola A.P.A. Coletiñas e A Rebolaxe, coa colaboración do Concello de Cervo.

O rexedor, Alfonso Villares, a edil de Cultura, Dolores García Caramés, e a de Medio Ambiente, Mali Méndez, presentaron a cita acompañados dunha representación das dúas asociacións organizadoras.

Repartiranse racións de chicharros lañados, cachelos e pan a un prezo de 5 euros, e haberá música en directo a cargo de DJ Posesion e Jam Session; a tarde estará amenizada polos Misturos. 

 

Etiquetas:
08/07/2019

Este xoves, 11 de xullo, dan comezo en San Ciprián as súas Festas do Carme, que se prolongarán ata o día 16.

O primeiro día das festas ás 21:00 horas haberá teatro coa actuación do grupo O Bordelo de Cervo que representará a obra Toluras de proveito. Terá lugar no auditorio da Casa da Cultura.

O venres, 12 de xullo, ás 21:00 horas no auditorio da Casa da Cultura, haberá outra representación teatral co grupo Ardora de San Ciprián, que porá en escena a obra O silenzo do Badal. A partir das 00:00, na praza dos Campos, celebrarase unha actuación musical.

O sábado, 13 de xullo, ás 21:00 horas, comezará un concerto de corais, na igrexa de Santa María, no que intervirán a Coral Polifónica de Monforte de Lemos, a Coral Polifónica Sons do Farelo de Antas de Ulla e a Coral Polifónica do CIT de San...

leer más
20/06/2019

A asociación A Rebolaxe organiza a Festa de San Xoán en San Ciprián o 23 de xuño.

O programa de actividades dará comezo ás 13:00 horas con Mi rollo es el rock en sesión vermú. A partir das 19:00 horas haberá xogos tradicionais para nen@s e adult@s e ás 19:30 horas poderá degustarse chourizo, panceta e salchichas.

Ás 20:30 horas actuará Cacharela; ás 22:00 The Lazy Bones, e ás 24:00 horas dará comezo a fogueira. Ao longo da tarde celebraranse sorteos dun circuíto spa, Cd´s de Sés e de Lazy Bones e un xamón. Haberá aparcamento no estanco da praia do Torno.

Colaboran na organización: Concello de Cervo e Deputación de Lugo.

14/06/2019

"Xolo", usuario da Asociación de Axuda ao Enfermo Mental A Mariña, é un dos protagonistas desta exposición de pintura participativa conformada por 14 debuxos e ilustracións realizadas por persoas con problemas de saúde mental para ilustrar as cancións do disco "Disorders" do artista Carlos Morales.

Cada un dos temas está inspirado nun trastorno mental co fin de visibilizar a enfermidade tratándoa con normalidade, respecto e empatía.

Na inauguración participaron o alcalde de Cervo, Alfonso Villares, a edil de Cultura, Dolores García Caramés, e a concelleira de Sanidade, Mali Méndez, que arrouparon a "Xolo" xunto aos seus compañeiros do centro e a representantes da Federación de Asociacións de Familiares e Persoas con Enfermidade Mental de Galicia (FEAFES).