San Ciprián
A Delegación de Cultura do Concello de Cervo programa para este sábado, 8 de decembro, a actuación do grupo Sons de Celeiro. Será no auditorio da Casa da Cultura de San Ciprián, ás 20:00 horas. Este evento é aberto ao público.
O grupo Sons de Celeiro presentaba este outono o seu traballo "Cantar ben ou non cantar". No seu repertorio inclúe un tema dedicado á lenda da Maruxaina.
O Pavillón da Veiga de San Ciprián acollerá o vindeiro sábado, 24 de novembro, unha exhibición de baile deportivo e de salón que contará coa participación de quince parellas procedentes de diferentes puntos da Mariña, asistentes ás clases impartidas pola Escola de Baile Hover Cross.
A cita, aberta ao público e organizada polo Concello de Cervo en colaboración coa Asociación de Rehabilitación de Alcohólicos da Mariña (Arama), será ás 20:30 horas.
Entre os bailes que se poderán ver no evento están o vals inglés, vals vienés, Rumba- Bolero, Chachachá, Tango arxentino, Roda cubana ou rock and roll.
Recordamos que o pasado mes de setembro botaron a andar as clases de baile no Concello de Cervo, promovidas pola asociación Arama e a Escola de Baile Hover Cross con gran éxito de participación,...
leer másA Casa da Cultura de San Ciprián acolle ata o día 15 de decembro unha exposición de Sergey Sozonov titulada La chica del pazo.
A obra que este artista ruso, afincado no concello coruñés de Ortigueira, expón nesta mostra é unha serie de óleos sobre lenzo co desnudo feminino como protagonista. Como escenario das distintas imaxes aparece o interior dun pazo abandonado coa muller que podería ter sido un dos seus antigos moradores.
Este sábado, 17 de novembro, no auditorio da Casa da Cultura de San Ciprián actuará o Grupo de Teatro Afeccionado Monfortino que porá en escena a obra Os intereses creados.
A representación dará comezo ás 19:30 horas e inclúese no programa Buxiganga da Deputación de Lugo. Colabora o Concello de Cervo.
Este sábado, 10 de novembro, ás 19:00 horas o auditorio da Casa da Cultura acolle a proxección da película "Casados coa Historia dun Pobo"; unha actividade organizada pola delegación de Turismo do Concello de Cervo.
Trátase dun vídeo inédito de San Ciprián que durante 19 minutos nos traslada a unha década da que cada vez quedan menos testemuñas e na que prevalecen recordos como poden ser as rúas de area, o antigo faro, as casas, os vehículos, a roupa de época...
Estamos ante o primeiro vídeo dos anos 60 achegado por unha familia asturiana moi vinculada a San Ciprián, que pasa as súas vacacións na vila.
Nesta película remontámonos exactamente ao 17 de setembro de 1961, data na que contraían matrimonio Paco Sampedro (de Ursulina) e Maribel. Con motivo desta celebración desprazáronse ata...
leer másA asociación Amigos da Troula, en colaboración co Concello de Cervo, organiza a Festa de Samaín que se celebrará o día 2 de novembro en San Ciprián.
Os actos darán comezo coa cea que terá lugar no restaurante Buenavista, a partir das 22:30 horas. O menú estará composto por ameixas en salsa mariñeira, lombo en salsa de améndoas, ensalada, café, chupito e viños Rioja e Albariño. O prezo é de 20 euros e a venda de tíckets é na Casa da Cultura de San Ciprián, e nos números de teléfono 691 656 600 ou 617 383 418.
Ademais haberá unha festa de balde para todas e todos, a partir das 00:30 horas na Casa do Mar de San Ciprián, con dj e premios aos mellor caracterizados.
O Concello de Cervo programa para esta fin de semana varias actividades para o público infantil. Este sábado, 20 de outubro, ás 12:00 horas na Casa da Cultura de San Ciprián terá lugar un obradoiro no que os pequenos e pequenas poderán construír o seu propio superhéroe ou superheroína. Está dirixido a nenos e nenas de entre 4 e 12 anos.
E o domingo, 21 de outubro, ás 12:00 horas na biblioteca de Cervo celebrarase un taller no que os nen@s confeccionarán unha máquina de facer debuxos animados.
Todos os xoves ata o vindeiro 13 de decembro celébrase Sanci Tapeando.
Sete locais de hostalería de San Ciprián ofrecen as súas propostas culinarias ao prezo de 2 euros por tapa. Ademais sortearanse 3 vales para gastar nos locais participantes, por importe de 250€, 150€ e 100€.
Os establecementos que participan nesta iniciativa son: bar O Pulgas, bar, O Faro, pizzería Las Titas, pizzería O Trasgo, cervecería Nordesía, terraza O Noso Lar e mesón A Bodega. Todos eles ofrecerán cada xoves unha tapa diferente, e as fotografías das tapas serán subidas ao perfil de facebook esa mesma semana.
Sanci Tapeando desenvolverase os xoves 11, 18 e 25 de outubro. Continuará os días 1, 8, 15, 22 e 29 de novembro, e rematará os xoves 6 e 13 de decembro.
O Concello de Cervo...
leer másA Casa da Cultura de San Ciprián acollerá mañá, 6 de outubro, ás oito da tarde un Concerto de Corais.
Actuarán a Coral Alborada, de Viveiro, e a Coral Asociación Amigos del Camino de Santiago, da provincia de Lugo.
O Concello de Cervo, a través da delegación de Cultura que dirixe Dolores García Caramés, promove para este sábado, 8 de setembro, ás 12:00 horas, na biblioteca da Casa da Cultura unha actividade dirixida para os pequenos da casa.
Trátase dun obradoiro que ten como obxectivo que os nenos e nenas experimenten como é o proceso de creación dun libro ilustrado, a través de diversas técnicas grafo-plásticas desde un enfoque lúdico.
O taller, incluído no programa Ler Conta Moito, está dirixido a pequenos e pequenas a partir dos 6 anos de idade e ten unha duración de 120 minutos.
As inscricións deben formalizarse na Casa da Cultura (982.59.51.57).