San Ciprián
04/03/2015
A Asociación Mulleres de San Ciprián organiza para o próximo domingo un acto de homenaxe á muller coincidindo coa conmemoración do 8 de marzo, Día da Muller Traballadora. O evento principal será a inauguración dunha escultura deseñada e elaborada polo artista local Telmo Cao Farré e financiada pola asociación, que se instalará de forma permanente na praza dos Campos de San Ciprián. Unha obra que se descubrirá por primeira vez ese mesmo día, con temática relacionada coa muller e 2 metros de altura.
Os actos comezarán ás 18 horas na praza dos Campos, onde haberá unha carpa instalada para a ocasión, coa benvida a todos os asistentes e as intervencións da presidenta da asociación, Amparo Pernas, o alcalde de Cervo, Alfonso Villares, e o aturo, Telmo Cao Farré. A continuación...
leer más