San Ciprián

Etiquetas:
28/04/2016
O auditorio da Casa da Cultura, en San Ciprián, acollerá este sábado, 30 de abril, un espectáculo de flamenco. Será ás oito da tarde.
 
O auditorio da Casa da Cultura, en San Ciprián, acollerá este sábado, día 30, ás 20 horas un espectáculo de flamenco. Esta actuación forma parte da programación Cervo, a carón da cultura organizada polo Concello para este mes de abril.
 
Neste espectáculo actuarán o guitarrista gaditano Miguel Flores, a cantaora coruñesa Sandra Calderón e o bailaor Isaías Salazar, natural de Ferrol.
 
Miguel Flores naceu en Cádiz en 1975, pero sendo moi novo trasladouse a vivir a Ceuta, onde tomou o seu primeiro contacto co flamenco tocando a guitarra coa familia xitana Serranito, coa que actuou no Festival Flamenco de Ceuta. Continuou a súa formación acompañando ao baile...
leer más
Etiquetas:
23/04/2016
Os actos do XXXIII Día do Xubilado organizados polo Concello de Cervo contarán con 600 participantes. Serán o 1 de maio en San Ciprián.
 
Os actos da XXXIII do Día do Xubilado, que organiza o Concello de Cervo, contarán con 600 participantes. As actividades desenvolveranse o día 1 de maio, domingo, en San Ciprián.
 
A concelleira de Servizos Sociais, Pilar Armada, anunciou que “as 600 persoas anotadas poderán participar nos seguintes actos: ás 13:15 horas haberá unha misa no pavillón municipal, cantada pola coral Terra Mar; ás 14:30 empezará a sesión vermú amenizada por un grupo musical, que terá lugar na Praza dos Campos, onde está instalada unha carpa para o xantar, que se celebrará ás 15 horas. Despois haberá actividades como a elección do solteiro e a solteira de ouro, sorteo de agasallos e baile”.
 
... leer más
23/03/2016
A oficina de turismo de San Ciprián estará aberta ata o vindeiro domingo de 11 a 14 e de 17 a 20 horas.
 
O Concello ven de abrir a súa Oficina de Turismo, en San Ciprián, que permanecerá con horario de atención ao público ata o vindeiro domingo día 27.
 
A Concelleira de Turismo, Manuela Méndez, anuncia que “o Concello abriu dende onte, martes, a Oficina de Turismo, que está situada no antigo quiosco de prensa do centro de San Ciprián”.
Manuela Méndez engade que “a oficina abrirá as súas portas ata o vindeiro domingo, día 27 de marzo, en horario de 11:00 a 14:00 horas e de 17:00 a 20:00 horas”.
 
A responsable de Turismo no concello cervense manifesta que “dende o Concello esperamos que sexa unha boa semana para...
leer más
22/03/2016
A Festa do Mexillón celebrarase este sábado, 26 de marzo, en San Ciprián. Bares e restaurantes ofrecerán racións e tapas deste produto.
 
A tradicional Festa do Mexillón, de San Ciprián, celebrarase este sábado, día 26, en San Ciprián. Hoxe presentouse o cartel deste evento gastronómico, acto no que estiveron o alcalde de Cervo, Alfonso Villares; a concelleira de Turismo, Manuela Méndez; e Georgina Pérez, en representación do bar Maruxaina, que é un dos establecementos hostaleiros que participarán no festexo.
 
Bares e restaurantes de San Ciprián ofrecerán racións e tapas de mexillóns elaboradas en diferentes preparacións durante o Sábado Santo, que é o día no que se celebra cada ano este evento gastronómico que ten como principais obxectivos exaltar o mexillón e ofrecer un atractivo máis para os veciños desta zona e para os turistas que a visitan durante a Semana Santa. 
 
21/03/2016
O XIII Encontro de Palilleiras, que se celebrará o 2 de abril en San Ciprián, contará con 600 participantes.
 
O vindeiro 2 de abril terá lugar en San Ciprián o XIII Encontro de Palilleiras con 600 participantes. O evento foi presentado hoxe nun acto que contou coa presenza do alcalde, Alfonso Villares, e a concelleira de Igualdade, Pilar Armada.
 
O rexedor municipal salientou que “xa é unha xuntanza de palilleiras que adquiriu unha sona que vai máis alá das fronteiras non só da nosa provincia senón tamén de Galicia. Son moitas as persoas que veñen, mulleres sobre todo, a palillar de Galicia pero tamén moitas doutros lugares, basicamente da veciña Asturias e tamén da zona de León”.
 
Alfonso Villares engadiu que “este encontro de palilleiras reforza moito a...
leer más
18/03/2016
A Casa da Cultura de San Ciprián acollerá do 21 de marzo ao 2 de abril unha exposición de labores feitas por mulleres do municipio.
 
A Casa de Cultura, de San Ciprián, acollerá a partir do vindeiro luns, día 21, unha exposición de labores feitas por mulleres do municipio, como traballos en ganchillo, bordados ou bolillos. Anunciouno hoxe a concelleira de Igualdade, Pilar Armada Carrete.
 
A mostra, titulada Coas nosas mans, inclúe obras realizadas por socias dos seguintes colectivos: CIT de San Ciprián, Asociación de Amas de Casa Alborada, As Espalladoras, Alumnas de Mari Luz Méndez, Asociación de Veciñ@s Cervo-Sargadelos e Mulleres de San Ciprián. Será inaugurada na sala de exposicións da Casa de Cultura o vindeiro luns ás 17 horas e estará aberta ao público ata o 2 de abril. Poderá visitarse de luns a venres de 11 a 13 horas e de 17 a 20 horas. 
 ...
Etiquetas:
11/03/2016
Tres cociñeiras con estrelas Michelín e un sumiller participarán nas xornadas técnicas da 25ª edición da Festa do Ourizo, de San Ciprián, que se celebra este sábado, día 12.
 
Tres cociñeiras de restaurantes galegos con estrelas Michelín e un sumiller participarán nas xornadas técnicas da 25ª edición da Festa do Ourizo, de San Ciprián, que se celebrará este sábado, día 12.
 
A concelleira de Turismo en Cervo, Manuela Méndez, explicou hoxe que “a inauguración das décimo sextas xornadas técnicas sobre o ourizo será ás 12 da mañá. Dende a súa orixe estas xornadas serven para divulgar diferentes eidos relativos ao ourizo de mar no seu aspecto biolóxico, científico, comercial ou gastronómico, como imos facer este ano e xa se fixo en edicións anteriores, coa celebración dun show cooking, que é cociña en vivo. Este ano contamos coa presenza de tres cociñeiras de prestixio e de renome, galardoadas cada unha delas...
leer más
Etiquetas:
08/03/2016
O grupo Leilía actuará este sábado, 12 de marzo, en San Ciprián para celebrar a 25ª edición da Festa do Ourizo.
 
O grupo Leilía actuará este sábado, día 12, en San Ciprián con motivo da celebración da 25ª edición da Festa do Ourizo, que organiza o Concello de Cervo. Terá lugar na carpa situada na Praza dos Campos ás dez da noite.
 
A concelleira de Cultura, Dolores García Caramés, anunciou hoxe que este concerto “organízase porque se cumpre a vixésimo quinta edición da Festa do Ourizo, que é en un evento de interese turístico galego, moi importante para o concello de Cervo e que gusta a moita xente. É unha maneira de celebrar que leve tantos anos e esperamos que siga durante moitos máis”.
 
O grupo Leilía ofrecerá o seu espectáculo titulado CONsentimento, que “é...
leer más
Etiquetas:
02/03/2016
A XXV Festa do Ourizo celebrarase en San Ciprián o 12 de marzo. O programa de actividades inclúe un showcooking.
 
A Casa da Cultura de San Ciprián acolleu esta tarde a presentación do cartel da XXV Festa do Ourizo, que se celebrará o vindeiro 12 de marzo. No acto participaron o alcalde, Alfonso Villares, a concelleira de Turismo, Manuela Méndez, a concelleira de Cultura, Dolores García, e representantes da hostalaría local.
 
Nesta festa de interese turístico galego participarán os seguintes establecementos hostaleiros: Pizzería O Trasgo, Cervexaría Nordesía, Telvi’s Place, A Cerve, Pizzería A Sombriza, Bar Maruxaina, Cervexaría Las Titas, Restaurante Boavista, Restaurante O Noso Lar e Mesón A Bodega. 
 
O programa de actividades da XXV Festa do Ourizo, que se dará a...
leer más
Etiquetas:
20/02/2016
A piscina olímpica e a Casa da Cultura de San Ciprián acollerán o 27 de febreiro un curso de iniciación ao mergullo de competición e outro de árbitros autonómicos.
 
A piscina olímpica e a Casa da Cultura de San Ciprián acollerán o día 27 deste mes, sábado, as actividades dun curso de iniciación ao mergullo de competición e outro de árbitros autonómicos desta especialidade deportiva. Foron presentados na piscina de Lieiro polo concelleiro de Deportes de Cervo, José Ramón Soto Martínez; o presidente do Club de Buceo Costa de Lugo, Julio Vázquez Pérez; e outros membros da entidade. 
 
José Ramón Soto explicou que “a Escola de Buceo Centro de Actividades Subacuáticas Costa de Lugo e o Concello de Cervo, a través da Delegación de Deportes, impartirán un curso de iniciación ao mergullo de competición e outro de árbitros autonómicos, cuxa convocatoria está aberta a nivel nacional. Recentemente firmouse...
leer más