Castañas
A axencia de viaxes Augasantas, de Ribadeo, que dirixe o barreirense Adrián Expósito Dorado, organiza unha excursión á Festa da Castaña que se celebrará en Folgoso do Courel o día 3 de novembro, sábado. Este evento, declarado de interese turístico de Galicia, chega á súa trixésimo primeira edición.
A actividade inclúe a viaxe en autocar, o almorzo, a comida e o seguro obrigatorio de asistencia. O prezo é de 35 euros por persoa.
Para a reserva de prazas desta excursión hai que dirixirse á axencia de viaxes Augasantas, que está no baixo número 6 das galerías San Francisco-Reinante, de Ribadeo, ou ben chamar aos teléfonos 676.44.54.65 ou 982.87.74.70.
O 9 de decembro celebrarase en Ribadeo o Magosto Foliadeiro a partir das 18:00 horas.
Os actos, que terán lugar no Parque de San Francisco, consistirán nun magosto, e ás 20:00 horas dará comezo unha foliada aberta na que actuarán O Son do Sor de O Barqueiro, Airiños do Xunco de Cervo, Catro Canos de Ribadeo e Amigos da Gaita tamén de Ribadeo.
A festa está organizada por Amigos da Gaita Galega coa colaboración do Concello de Ribadeo.