Forte de San Damián
O Concello de Ribadeo, a través do proxecto Ribadeo Cara ao Mar, vén de anunciar unha nova programación de visitas teatralizadas ao Forte de San Damián, “unha proposta divulgativa que combina historia, patrimonio e interpretación escénica para achegar ao público a evolución defensiva e marítima da vila dun xeito dinámico e participativo”.
As visitas, que terán lugar os días sábado 22 e domingo 23 de novembro, propoñen ao público “unha experiencia inmersiva na que guías actores darán vida a personaxes e episodios históricos vencellados ao forte e á defensa costeira de Ribadeo. A actividade permitirá coñecer non só feitos documentados, senón tamén lendas e curiosidades asociadas a este enclave estratéxico, ofrecendo unha aproximación divulgativa adaptada a todos os públicos”.
Os pases desenvolveranse en horarios de mañá e tarde -ás 11:30, 12:00, 13:30, 17:00 e 18...
leer másOrganizadas pola Asociación Cultural de Estudios Históricos de Galicia, coa colaboración do Concello de Ribadeo, o ribadense Forte de San Damián acollerá actividades durante a primeira fin de semana de marzo. O sábado 1 haberá unha xornada de portas abertas de 10:30 a 13:30 horas, con visita guiada gratuíta ás 12:00, previa inscrición a través do correo electrónico castillosandamian@gmail.com, e con prazas limitadas. E o domingo 2 de marzo ás 17:00 horas na sala 3 do Forte de San Damián terá lugar unha conferencia do ribadense Alberto Paraje Méndez sobre o ataque inglés a Ribadeo do ano 1719. A asistencia á charla será libre e gratuíta ata completar o aforo.
Alberto Paraje explica que o ataque inglés a Ribadeo de 1719 “foi, sen dúbida, o episodio bélico máis salientable na Historia da nosa...
leer más




