ACIA/CCA de Foz organiza unha degustación de castañas e cogomelos en 25 locais hostaleiros os días 20 e 21 de novembro.

ACIA/CCA de Foz organiza unha degustación de castañas e cogomelos en 25 locais hostaleiros os días 20 e 21 de novembro.
 
ACIA/CCA de Foz organiza os días 20 e 21 de novembro unha degustación de castañas e cogomelos en 25 locais de hostalaría da vila. A cita é unha boa ocasión de gozar de dous produtos típicos de temporada en bares e restaurantes locais en distintas receitas. 
Na degustación participan os seguintes locais focenses: A Bolera, A Funcional, A Soalta, A Viela, Acuario, As Brasas, Cafetería Express, Cafetería May Ross, Café-Pastelería Anduriña, Café-Restaurante Costumes do Mar, Café-Restaurante Dandy, Cervecería Portovello, Fraggle Rock, Hostal O Norte, Hotel-Restaurante Leytón, Marexada, Mesón Pulpería O Paseo de Foz, Namarinos, O Muelle, O Náutico, O Tangarte Mariñeiro, O Tangarte Mesón, Pizzería Xoíña, Restaurante Fina e Xoyma.
O presidente de Acia, José Carlos Paleo, anima a acudir a esta cita gastronómica “para saborear dous produtos típicos de outono”.