Trasbar
As festas de Trasbar, no municipio de Cervo, celebraranse os días 16, 18, 19 e 20 de setembro.
As actividades comezarán o mércores 16 ás 13:00 horas con misa solemne na honra á patroa, Santa Eufemia, e logo haberá sesión vermú co grupo Foles de Viveiro, dentro do programa Tradigalu, da Deputación de Lugo.
O venres 18 será a primeira verbena, a partir das 23:00 horas con Conxuro Discoteca Móvil.
O sábado ás 14:00 horas celebrarase misa solemne e procesión na honra a San Eufemina e a continuación sesión vermú coa orquestra Alabama, que tamén actuará na verbena coa Discoteca Móvil Conxuro.
E o domingo 20 ás 13:00 horas haberá misa solemne e procesión na honra á Virxe do Carme e Santa Antonio e despois sesión vermú longa co dúo Epok. E rematarán os actos ás 21:00...
leer másA Asociación de Veciños do Burgo de Trasbar organiza a festa de San Xoán que se celebrará nesa localidade do municipio de Cervo este sábado, día 27 de xuño.
As actividades comezarán ás 19:30 horas con xogos tradicionais. A partir das 21:00 horas repartiranse bocatas, panceta e chourizo e ás 22:30 horas comezará a actuación de DJ Ovo. Ás 24:00 horas farase o acendido da fogueira e tamén haberá queimada.
A Asociación de Veciños do Burgo de Trasbar, no municipio de Cervo, organiza un curso de ximnasia adaptado a persoas de todas as idades. Comezará o día 10 de abril, venres, e desenvolverase ata o mes de xuño no Local Social de Trasbar de 19:00 a 21:00 horas.
O prezo para participar nesta actividade é de 10 euros ao mes para as persoas que pertencen á asociación organizadora e de 15 euros mensuais para as que non forman parte do colectivo veciñal do burgo de Trasbar.
Este domingo, día 5 de abril, haberá una nova edición do Guateque de Arruguiñas organizado polo Concello de Cervo. Será no Local Social de Trasbar ás 17:00 horas e estará amenizado polo Dúo Miami.
Para esta actividade o Concello de Cervo conta coa colaboración da Asociación de Veciños do Burgo de Trasbar durante a súa Festa da Pascua.
A Asociación de Veciños do Burgo de Trasbar, no municipio de Cervo, celebrará neste mes de abril a Festa da Pascua, que será o domingo 5, e o 15º aniversario do colectivo, que está programado para o día 11, sábado.
As actividades da Festa da Pascua comezarán ás 13:30 horas cunha misa na capela e a partir das 14:30 haberá un xantar, no que para participar as inscricións están abertas ata este domingo, 29 de marzo.
E para celebrar o 15º aniversario da asociación o día 11 de abril desde as 13:00 horas terá lugar unha sesión vermú a cargo do dúo Caramelo e ás 14:00 horas comezará un xantar, no que para participar hai que inscribirse previamente e o prazo remata o 5 de abril. Despois haberá tardeo. O campo no que será o evento estará cuberto con carpa. “Este ano celebramos un aniversario moi especial, nin máis ni menos...
leer másTrasbar, no municipio de Cervo, estará de festa os días 16, 19, 20 e 21 de setembro.
O martes 16 ás 12:00 horas celebrarase misa solemne na honra a Santa Eufemia.
O venres 19 desde as 22:30 horas actuará a discoteca móbil Conxuro.
O sábado ás 13:00 horas celebrarase misa solemne seguida de procesión na honra a Santa Eufemia. Despois haberá sesión vermú co grupo Alaska, que tamén actuará na verbena xunto á discoteca móbil Conxuro.
E o domingo ás 13:30 horas celebrarase misa solemne seguida de procesión na honra á Virxe do Carme e San Antonio. Despois haberá sesión vermú co dúo Son de festa. E ás 20:00 horas terá lugar unha misa solemne na Capela de Arriba.
Estas festas están organizadas pola Asociación de Veciños do Burgo de Trasbar, coa...
leer másTrasbar, no concello de Cervo, celebrará o San Xoán este sábado, día 21 de xuño.
As actividades, organizadas pola Asociación de Veciños do Burgo de Trasbar, comezarán ás 19:30 horas con xogos tradicionais. E a partir das 22:30 horas actuará DJ OVO.
Haberá panceta, chourizos e queimada.
Este sábado, día 22 de febreiro, haberá un novo Guateque de Arruguiñas organizado polo Concello de Cervo. Será ás 21:00 horas no Local Social de Trasbar e actuará o dúo Eclipse.
Para esta actividade o Concello de Cervo conta coa colaboración da Asociación de Veciños do Burgo de Trasbar.
O lugar de Trasbar celebrará a próxima fin de semana, do 13 ao 16 de setembro, a romaría de Santa Eufemia.
A cita festiva foi presentada polo edil de Zona Rural, Adrián Arias, e por unha representación da asociación de veciños do Burgo de Trasbar, que se encarga da organización dos festexos.
A Romaría dará comezo o venres ás 23:00 horas da man de Disco Móbil Conxuro.
O sábado, ás 13:00 horas será a misa solemne na honra de Santa Eufemia, e a continuación terá lugar a sesión vermú da man do grupo Fénix, que repetirá na verbena con Disco Móbil Conxuro, a partir das 22:30 horas.
O domingo, ás 13:00 horas volverá haber misa, na honra de San Antonio e o Carme, seguida de sesión vermú co Dúo Son de Festa. Ás 20:00 horas, será a misa solemne na capela de arriba e o...
leer másEste sábado, 11 de maio, haberá un novo guateque de Arruguiñas, que será amenizado polo DJ Ovo. Nesta ocasión será no Local Social de Trasbar 21:00 horas.
O Concello de Cervo organiza esta actividade en colaboración coa Asociación de Veciños de Trasbar.












