
Trasbar, no municipio de Cervo, estará de festa os días 16, 19, 20 e 21 de setembro.
O martes 16 ás 12:00 horas celebrarase misa solemne na honra a Santa Eufemia.
O venres 19 desde as 22:30 horas actuará a discoteca móbil Conxuro.
O sábado ás 13:00 horas celebrarase misa solemne seguida de procesión na honra a Santa Eufemia. Despois haberá sesión vermú co grupo Alaska, que tamén actuará na verbena xunto á discoteca móbil Conxuro.
E o domingo ás 13:30 horas celebrarase misa solemne seguida de procesión na honra á Virxe do Carme e San Antonio. Despois haberá sesión vermú co dúo Son de festa. E ás 20:00 horas terá lugar unha misa solemne na Capela de Arriba.
Estas festas están organizadas pola Asociación de Veciños do Burgo de Trasbar, coa colaboración do Concello de Cervo.