Trasbar
A asociación de veciños Burgo de Trasbar organiza unha excursión a Taramundi o 20 de maio. O prezo por persoa é de 20 euros para os socios, 25€ para os non socios e 10 euros para nen@s. Inclúe microbús e xantar.
Esta asociación cumpre o primeiro ano de existencia e con tal motivo organiza unha andaina que terá lugar o sábado 27 de maio. A saída será do local social ás 10:00 horas cara a Cervo e Sargadelos.
O domingo 28 de maio terá lugar o tradicional xantar de aniversario para o que é preciso anotarse antes do día 21.
Esta asociación anuncia que o día 27 de maio comeza o prazo para o pagamento das cotas de socias/os que rematará o 10 de xuño. As persoas que non actualicen a cota nese período serán dadas de baixa de xeito automático. O pagamento pode facerse no local social no local...
leer másA Asociación de veciños do Burgo de Trasbar organiza o IV Certame literario con motivo da celebración do Día das Letras Galegas, co tema “Morriña”.
As narracións deberán estar escritas en galego, cunha extensión máxima dun folio por unha soa cara. Establécense tres categorías: infantil (ata 12 anos), xuvenil (de 13 a 18 anos) e adulto (maiores de 18 anos). Cada autor pode presentar cantos traballos desexe, acompañando cada un deles cun sobre pechado onde figuren os seus datos persoais (nome, dirección data de nacemento e un teléfono de contacto).
O prazo de presentación dos traballos rematará o xoves, día 11 de maio, debendo ser remitidos á seguinte dirección: Asociación de veciños do burgo de Trasbar, Local Social, Corral Grande, s/n, 27888 Trasbar, Cervo.
O xurado seleccionará un...
leer más






