Ferreiros

Etiquetas:
25/01/2018

O Presidente da Deputación, Darío Campos Conde,e o Presidente da Asociación de Ferreiros de Riotorto, José María Cabo Jardón, asinaron un convenio de colaboración mediante o cal o organismo provincial achega outros 10.500 euros á promoción do traballo destes profesionais como “sinal único de identidade cultural e atractivo turístico da nosa provincia, especialmente, da Mariña Oriental, capaz de dinamizar a económica e xerar riqueza”. Así o destacou Campos Conde tras a sinatura deste convenio, que tivo lugar na Forxa de Viñabella, en Espasande de Abaixo, nun acto no que participaron máis ferreiros deste colectivo como Manuel Alonso Fojaca, Agustín Iglesias Rodríguez e Ángel Villada Moirón.   

Con este fondos, os Ferreiros de Riotorto disporán de paneis informativos e explicativos da historia do seu oficio tradicional ou da elaboración dos...

leer más