Faro

Etiquetas:
03/08/2018

O alcalde de Cervo, Alfonso Villares, o edil de Deportes, José Ramón Soto, as concelleiras de Cultura e Turismo, e unha representación do Club Limosa Surf, presentaron a V Baixada do Faro en Longskate, que terá lugar este sábado, 4 de agosto, desde as 10:00 horas, organizada por este Club, en colaboración do Concello.

Tal e como explicaron desde a organización “trátase dunha proba de longskate cronometrada desde o Faro Punta da Atalaia, en cuxo percorrido inclúense tres curvas, a do Corbeiro, a da Gardería e a da Morte, que bautizaron así por ser a máis pronunciada da baixada”.

Entre as 10:00 e as 11:30 horas terán lugar os adestramentos. Entre as 12:00 e as 14:00 horas serán as probas clasificatorias. Entre as 14:00 e as 16:00 horas as persoas participantes poderán desfrutar dun intre de relax para poder visitar...

leer más