Encontro literario

03/07/2025

O xoves 10 de xullo ás oito e media da tarde celebrarase na librería Bahía, de Foz, unha nova edición do programa Afinidades Electivas, promovido polo Ministerio de Cultura.  Nesta ocasión participarán a poeta galega Yolanda Castaño e o poeta asturiano Miguel R. Monteavaro “para conversar sobre as súas respectivas obras, a creación poética, a relación das distintas linguas que compartimos na península ibérica e o lugar dos creadores na sociedade”, anuncia Librería Bahía.

Tamén explican que “Yolanda Castaño é unha poeta cunha longa e moi recoñecida traxectoria. Entre outros galardóns, foi Premio Nacional de Poesía 2023 polo seu poemario Materia. A falsa autónoma, de 2024, é a súa última publicación. É, ademais, unha autora interesada na relación da poesía coas demais artes, e nese sentido, participou en varios proxectos...

leer más