Raquel Queizás
A Asociación Cultural e Xuvenil O Castelo, de Alfoz, anuncia: “o xoves 29 de maio ás 12:00 horas teremos con nós a Raquel Queizás para homenaxear ás cantareiras e á poesía popular oral”. Será co espectáculo de narración oral para nenas e nenos titulado A touporroutou, que terá lugar na Casa da Cultura de Alfoz.
Ademais a Asociación Cultural e Xuvenil O Castelo convocou un ano máis o certame de narración e debuxo polo Día das Letras Galegas e explica: “a Real Academia Galega acordou dedicar o Día das Letras Galegas 2025 á poesía popular oral, personificado en Adolfina e Rosa Casás Rama, de Cerceda; Eva Castiñeira Santos, de Muxía; e Manuela Lema, Teresa García Prieto e Prudencia e Asunción Garrido Ameixenda, integrantes estas catro das Pandeireteiras de Mens. Nenos e nenas ata os 16 anos, estamos esperando as vosas obras! Podedes...
leer másEste mércores, 31 de xullo, ás 19:30 horas en Ribadeo, no Parque de San Francisco (en caso de choiva farase no Cine Teatro), Raquel Queizás ofrecerá unha sesión de contacontos baixo o título "Somos iguais". Organizado polo Observatorio da Mariña pola Igualdade, asociación feminista da Mariña con máis de 15 anos de andadura.
O Observatorio da Mariña pola Igualdade explica que “nesta obra Queliña quere ser aviadora, gústalle vivir aventuras e contar historias. De pequena estaba farta de escoitar contos de princesas rosas e apoucadas e de príncipes azuis e insensibles e un día dixo: Basta xa!!! Puxo o gorro e os anteollos de pilota e foi buscar contos para demostrar que nenas e nenos somos iguais. Si, igual de valentes e igual de sensibles. Descubriremos historias de nenas e nenos (ou animais) que rompen os estereotipos que abundan nos contos...
leer más