Baile
O Mondoñedo Fútbol Club organiza unha cea baile, que se celebrará o día 25 de abril, sábado, desde as 22:00 horas. Será en Finca San Antonio e estará amenizada pola discoteca móbil EvenTec.
As entradas, que teñen un prezo de 35 euros, están á venda nos establecementos hostaleiros O Palique, Cafetería Segundo e O Rincón de Mondoñedo.
Dentro do programa Viveiro Baila, que ofrece bailes de tarde para os maiores, no salón de actos do Conservatorio, este domingo, día 14 de decembro, desde as 19:00 horas actuará a cantante Verónica Cambón
Ademais nesta actividade, organizada polo Concello de Viveiro, haberá chocolate e biscoitos gratis para os asistentes.
O Praias de Barreiros Club Deportivo celebrará unha cea baile este domingo, día 7 de decembro ás 21:30 horas no restaurante A Ribeira, de Benquerencia.
“Tradición, sabor e moito lecer para celebrar que se acerca o final de ano! Convocámoste a unha noite máxica de gastronomía e baile, perfecta para compartir cos amigos e a familia. Tras a cea, ¡que non pare a festa! A música corre a cargo da discoteca móbil The Sound Project, que nos farán bailar ata que o corpo aguante”, anuncia o Praias de Barreiros CD.
El colectivo Galdo Maxín organiza un taller de baile en Bravos, parroquia del municipio de Ourol. Será esté domingo, día 15 de junio, desde las 11:00 horas. Las plazas son limitadas y las inscripciones pueden realizarse a través del correo galdomaxín@gmail.com.
“Ven a compartir unha mañá chea de música, movemento e diversión cos teus seres queridos. Un espazo onde todas as idades poden gozar do ritmo e da alegría xuntos. Non importa se nunca bailaches, aquí todos son benvidos!”, anuncia Galdo Maxín, que añade que será impartido por “la gran Cris Vilariño: nacida en Lugo, su pasión por el movimiento comenzó en la infancia. Tras licenciarse en periodismo, volvió a la danza, diplomándose en Danza Contemporánea e investigando técnicas como el Butoh y la improvisación. Ha participado en numerosos...
leer másO Concello de Riotorto organiza unha comida baile para o día 18 de xuño, mércores ás 14:30 horas.
O menú está composto por: paella mixta, costela asada con patacas e ensalada, postre, café, chupito e bebidas. E a música correrá a cargo do trío Merengue.
Para participar hai que apuntarse nos centros veciñais ou no Concello antes do 15 de xuño.
O Club Deportivo Praias de Barreiros celebrará unha cea baile este sábado, día 14 de xuño, ás 21:30 horas no restaurante A Ribeira (Barreiros).
“Se queres desfrutar desa noite fantástica na que se xunta toda a familia verde podes mercar a túa entrada no propio restaurante A Ribeira, a través de calquera membro da directiva ou a través de calquera das nosas canles e redes sociais. Date présa, pois o aforo é limitado e non queremos que te perdas esta gran cita. Para amenizar a velada contaremos coa presenza do DJ The Sound Project , que de seguro que nos fará baixar ben a comida con uns bailes. O prezo da entrada son 30€ para os adultos e 15€ para os menores de 10 anos”, anuncia o Praias de Barreiros CD.
O Iberia Club de Fútbol celebrará unha comida baile o día 17 de abril, Xoves Santo, nos Colexios Vellos de San Miguel de Reinante, no municipio de Barreiros. A sesión vermú comezará ás 13:00 horas e o xantar será desde as 14:30.
“Xa está aquí un dos eventos máis agardados para a familia branquiazul: a nosa Comida-Baile! Con sesión vermú, moita música, gran xornada cun gran ambiente na mellor das compañías, a vosa! Xantar servido por catering Sarredo e bar a beneficio do clube. Música a cargo do Dúo Belinda e do noso DJ residente, DJ Darío. Xoves 17 , Xoves Santo, nos colexios vellos de San Miguel, sesión vermú a partir das 13.00 horas e xantar das 14.30. Tarxetas á venda nos bares de San Miguel ou a través de calquera integrante da xunta directiva”, anuncia o Iberia CF.
O Centro Sociocomunitario de Mondoñedo ofrece clases de baile para todas as idades. Serán os mércores de 16:30 a 18:00 horas.
“Abrimos listas de persoas interesadas en facer grupo de baile. Podedes apuntarvos no Centro Sociocomunitario de Mondoñedo ou chamando aos teléfonos 982.82.83.89 ou 982.82.83.91. Aberto a toda a poboación”, anuncian.
O Concello de Riotorto, coa colaboración das asociacións veciñais e culturais do municipio, organiza un baile de fin de ano, que comezará ás 01:00 horas da madrugada deste mércores, día 1 de xaneiro.
A entrada é gratuíta, haberá servizo de bar, estará amenizado coa música do dúo Estrellas e ás 05:30 horas repartirán chocolate gratis para todos os asistentes.
O Club de Fútbol Celta Barreiros e a comparsa Os Macanudos organizan un xantar baile que se celebrará este domingo, día 1 de decembro, no polideportivo de San Cosme de Barreiros.
As actividades da xornada comezarán ás 13.30 horas con sesión vermú; ás 14:30 horas empezará o xantar e continuación haberá baile. A música correrá a cargo de Conxuro Discomovil e haberá sorteos e sorpresas.












