Poldro
Muras celebrará o vindeiro 22 de setembro unha nova edición da Feira do Poldro, co apoio da área de Rural da Vicepresidencia da Deputación de Lugo. A deputada Iria Castro, o alcalde de Muras Manuel Requeijo e a tenente de alcalde Paula Gómez -coordinadora do programa da feira-, acompañadas polo presidente da Asociación de Cabaleiros Atila Benigno Gómez, presentaron no Alto da Gañidoira o programa da feira, que pon en valor a tradición gandeira e promociona a carne de poldro
A actividade no recinto feiral arrancará ás 10.00 horas e prolongarase durante toda a mañá con actividades como a calificación de gando, exhibición de escultura de madeira con motoserra, un concurso morfolóxico de Puraga, demostración de ferraxe, desfile de montura tradicional e cabalos engalanados e carreiras de andadura. Ás 12.30 horas as persoas asistentes poderán...
leer másDurante as xornadas de sábado e domingo, tres establecementos hostaleiros do Concello de Cervo ofrecerán tapas gratuítas de carne de poldro.
O restaurante O Noso Lar, o Hostal Buenavista e a Pousada O Almacén son os tres locais que ofrecerán tapas gratuítas elaboradas con carne de poldro por cada consumición que se pida.
A carne de poldro que se degustará nestas xornadas foi facilitada pola Asociación de Criadores de Cabalo de Pura Raza Galega.
AciaFozCCA organiza unhas Xornadas de Tapeo de Carne de Poldro que se celebrarán os días 30 e 31 na Ponte de Santos.
Un total de quince establecementos hostaleiros participan nesta iniciativa ofrecendo tapas gratuítas con cada consumición.
Os locais que ofrecerán as súas preparacións con carne de poldro son: A Rambla- Pachán, A Viela, Anduriña, As Brasas, Augas Santas, Casa Damián, Dandy, Hotel Oca, O Lar, O Muelle Bar, Pizzería Xoiña, Portochico, Tangarte e Xoyma.
AciaFozCCA quere potenciar deste xeito a oferta gastronómica cun produto de calidade nunhas preparacións que poden resultar novidosas. O presidente, José Carlos Paleo, anima a focenses e visitantes “a saborear as propostas con carne de poldro de pura raza galega que vai elaborar a nosa hostalería durante a última fin de semana...
leer másA cita foi presentada polo alcalde Alfonso Villares, o edil de Deportes, José Ramón Soto, e os membros da Asociación Cabaleiros do Xunco, Julián Otero e Óscar Otero, que organiza o evento, en colaboración co Concello de Cervo.
A concentración de xinetes será ás 10:30 horas no Polígono de Cuíña; e dende alí os participantes comezarán a ruta duns 20 quilómetros e unhas 2 horas de duración por diferentes recunchos do Concello.
A continuación haberá un xantar de irmandade para aqueles que queiran participar, por un prezo de 20 euros, que terá lugar nunha carpa instalada para a ocasión no propio Polígono de Cuiña.
Haberá agasallos sorpresa para os asistentes.
O rexedor quixo destacar a importancia desta cita “xa consolidada no noso Concello como punto de encontro para...
leer más