Muras
Muras celebra esta fin de semana a Feira do Mel de Montaña, un evento centrado na promoción da calidade das producións locais que chega este ano á décima edición. O deputado provincial de Rural, Daniel García, e o alcalde de Muras, Manuel Requeijo, acompañados polas concelleiras Paula Gómez e Azucena Camba e polos responsables da Casa do Mel de Goente, Isabel Goti e Manuel Ferreira, presentaron o evento, organizada polo Concello de Muras coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación de Lugo. A feira, que se celebrará na Praza do Viveiró, contará con máis dunha vintena de postos de venda de mel e doutros produtos de temporada e proximidade, entre eles sete postos de apicultores e apicultoras de Muras e da contorna, anuncia a Vicepresidencia da Deputación de Lugo.
Manuel Requeijo valorou a década de traxectoria do evento, que “naceu...
leer másMuras acollerá o vindeiro 9 de novembro a oitava edición do Trail das Bestas, unha cita de referencia no calendario galego de carreiras por montaña e integrada no circuíto Galicia Trail Running Series.
O vicepresidente da Deputación de Lugo Efrén Castro, o alcalde de Muras Manuel Requeijo, a tenente alcalde Paula Gómez e o vicepresidente da Federación Galega de Atletismo Jesús Vázquez Tallón presentaron este xoves a proba, organizada polo concello coa colaboración da institución provincial e da Federación Galega de Atletismo.
A proba ofrece catro distintas e modalidades de participación: Maraton, de 43 quilómetros e 2.080 metros de desnivel, o Trail Classic, de 27 quilómetros con 1.260 de desnivel, Trail Curto, de 12 quilómetros e 570 de desnivel, e a Andaina, tamén de 12 quilómetros de 570 de desnivel.
... leer másO Concello de Muras celebrará o vindeiro 28 de setembro unha nova edición da Feira do Poldro e do gando do monte, co apoio da área de Rural da Vicepresidencia da Deputación de Lugo.
O deputado de Rural Daniel García, o alcalde de Muras Manuel Requeijo, a tenente de alcalde Paula Gómez , acompañadas polo presidente da Asociación de Cabaleiros Atila Benigno Gómez e por Moisés García, vogal de Puraga, presentaron no Alto da Gañidoira o programa da feira, que cumpre trinta e sete edicións.
Arredor da feira, que abrirá ás 10.00 horas, desenvolveranse diferentes actividades de posta en valor da tradición gandeira e de promoción da carne de poldro. Entre elas, o concurso de gando da feira, un certame morfolóxico de Puraga, carreiras de andadura e unha degustación de hamburguesas de carne de poldro de Pura Raza Galega...
leer másMuras prepara a IX Romaxe Artesá da Chaira,que se celebrará o vindeiro 24 de maio na área recreativa da Veiga coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación de Lugo.
O evento presentouse esta tarde nun acto en que participaron a deputada de Cultura, Iria Castro, o alcalde de Muras, Manuel Requeijo, a tenente de alcalde, Paula Gómez, a concelleira de Servizos Sociais, Azucena Camba, o artesán Marcos Ladra e Pilar Carballido Amor e Fina Carballido Amor da Asociación de Mulleres Rurais de Muras,que entregaron ao Concello unha talla do escudo de Muras.
A piques de cumprir unha década, Manuel Requeijo lembrou o impulso inicial “da Asociación de Obradoiros Artesáns da Chaira que nos propuxeron a celebración da romaxe en Muras, un concello rural, labrego e con tradición de oficios. Estaremos sempre agradecidos por traernos a idea e...
leer másMuras celebra o domingo a novena edición da Feira do Mel de Montaña, coa colaboración da área de Rural da Vicepresidencia da Deputación de Lugo. O vicepresidente da Deputación de Lugo Efrén Castro, o alcalde de Muras, Manuel Requeijo, a tenente alcalde Paula Gómez, acompañados por Isabel Gotida Casa, do Mel de Goente e Azucena Camba, concelleira do BNG en Muras, presentaron o programa de actividades, que pon en valor a calidade do mel das producións locais.
A feira, que se celebrará na Praza do Viveiró, contará con máis dunha vintena de postos de venda de mel e doutros produtos de temporada e proximidade, entre eles oito postos de apicultores e apicultoras de Muras .
Manuel Requeijo puxo en relevo a traxectoria da feira “que xurdiu de xeito humilde para dinamizar e dar vida a esta zona do concello, e que se...
leer másMuras celebrará o vindeiro 22 de setembro unha nova edición da Feira do Poldro, co apoio da área de Rural da Vicepresidencia da Deputación de Lugo. A deputada Iria Castro, o alcalde de Muras Manuel Requeijo e a tenente de alcalde Paula Gómez -coordinadora do programa da feira-, acompañadas polo presidente da Asociación de Cabaleiros Atila Benigno Gómez, presentaron no Alto da Gañidoira o programa da feira, que pon en valor a tradición gandeira e promociona a carne de poldro
A actividade no recinto feiral arrancará ás 10.00 horas e prolongarase durante toda a mañá con actividades como a calificación de gando, exhibición de escultura de madeira con motoserra, un concurso morfolóxico de Puraga, demostración de ferraxe, desfile de montura tradicional e cabalos engalanados e carreiras de andadura. Ás 12.30 horas as persoas asistentes poderán...
leer másMuras prepara a VIII Romaxe Artesá da Chaira, que se celebrará o vindeiro 25 de maio na área recreativa da Veiga coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación de Lugo. O evento presentouse este mediodía nun acto en que participaron a deputada de Cultura, Iria Castro, o alcalde de Muras, Manuel Requeijo, a tenente de alcalde Paula Gómez e a concelleira de Cultura Cristina Franco, xunto á artesá Iria Pigueiras e á fotógrafa Mayder Pumiñariño.
A responsable de Cultura de Muras detallou o programa desta nova edición da Romaxe que describiu como “unha festa da artesanía e da cultura galega, que demostra o potencial da tradición como fonte de inspiración e de coñecemento para o presente e o futuro” e destacou “a aposta por unha programación para público novo e familiar, na que persoas de todas as idades atopen algo do seu interese”. Nesa...
leer másMuras celebra esta fin de semana a oitava edición da Feira do Mel, coa colaboración da área de Rural da Vicepresidencia da Deputación de Lugo. O deputado Daniel García, o alcalde de Muras Manuel Requeijo e a tenente alcalde Paula Gómez, acompañados por Isabel Goti e Manuel Ferreira da Casa do Mel de Goente , presentaron o programa de actividades, que pon en valor a calidade do mel das producións locais.
A feira, que se abrirá o domingo ás 10.00 horas, na Praza do Viveiró contará cunha trinta de postos de venda de mel e outros produtos derivados ou elaborados con mel -hidromel, cervexa, cera -, entre eles oito postos de produtoras e produtores de mel de Muras que participarán tamén na cata de mel que se celebrará o sábado pola tarde.
Manuel Requeijo valorou a Feira do Mel como "un evento consolidado co que fomos...
leer máspresentouse na área recreativa da Veiga, en Muras, a sexta edición do Trail das Bestas, que se celebrará o vindeiro sábado 15 de xullo e que conta coa colaboración do Concello de Muras a través do Plan Único da Deputación de Lugo.
265 persoas anotáronse para facer a proba, que ofrece catro modalidades de participación: unha maratón de 43 quilómetros, un percorrido de 27 quilómetros, outro de 14 quilómetros e unha andaina, cunha distancia tamén de 14 quilómetros.
O escenario -a Serra do Xistral- é o elemento diferenciador desta carreira de montaña, que é unha referencia no calendario galego. Nesta edición, os percorridos das probas de distancias menores deseñáronse co obxectivo de poñer en valor ese espazo natural emblemático.
A loxística da proba concentrarase na contorna da área...
leer másMuras celebrará o vindeiro domingo a trixésimo cuarta edición da Feira do Poldro e do Gando de Monte, co apoio de Medio Rural da Deputación de Lugo. A deputada Mónica Freire e o alcalde de Muras, Manuel Requeijo, acompañados por Isabel Casariego de Puraga, o tenente alcalde murés Mario Rouco e Benigno Gómez, presidente de Atila Amigos dos Cabalos, presentaron o programa da feira, que promociona a tradición gandeira do concello e do Xistral, que concentra unha parte importante do gando cabalar do país.
Manuel Requeijo destacou a variedade do programa que suma “ao mercado de compra e venda de gando cabalar e vacún diferentes actividades e espectáculos para divertir e entreter a todas as persoas que non teñan un interese directo na gandeiría” e avanzou que “o Concello está a traballar para que a Feira, que é de Interese Turístico Galego,...
leer más












