Iberia CF
O Iberia Club de Fútbol, de San Miguel de Reinante (Barreiros), anuncia que se presentaron os actos de 90 Aniversario do club que “terán o seu epicentro cos partidos desta fin de semana de derbis: o sábado o equipo xuvenil enfrontarase ao CD Foz e o domingo o equipo sénior xogará contra o Ribadeo FC”.
Na presentación participaron, ademais de Marcos Rodríguez, como presidente do Iberia CF; Manolo Cadramón (xefe de Deportes da Xunta en Lugo); e Ana Ermida (alcaldesa de Barreiros).
O Iberia Club de Fútbol celebrará unha comida baile o día 17 de abril, Xoves Santo, nos Colexios Vellos de San Miguel de Reinante, no municipio de Barreiros. A sesión vermú comezará ás 13:00 horas e o xantar será desde as 14:30.
“Xa está aquí un dos eventos máis agardados para a familia branquiazul: a nosa Comida-Baile! Con sesión vermú, moita música, gran xornada cun gran ambiente na mellor das compañías, a vosa! Xantar servido por catering Sarredo e bar a beneficio do clube. Música a cargo do Dúo Belinda e do noso DJ residente, DJ Darío. Xoves 17 , Xoves Santo, nos colexios vellos de San Miguel, sesión vermú a partir das 13.00 horas e xantar das 14.30. Tarxetas á venda nos bares de San Miguel ou a través de calquera integrante da xunta directiva”, anuncia o Iberia CF.
O Iberia Club de Fútbol homenaxeará ao futbolista Marcos, que se retira despois de xogar durante máis de 40 anos nese equipo. Será cun evento que se celebrará o día 30 de xuño, domingo, no Campo das Valgas, de San Miguel de Reinante, desde as 12:00 horas. Haberá partido de fútbol entre o Iberia FC e un combinado de ex xogadores do club e despois, ás 14:30 horas, xantar homenaxe.
“Temos o orgullo de anunciarvos o derradeiro evento da tempada. E este non podía ser outro que a merecida homenaxe ao noso gran capitán e a súa inigualable traxectoria. O título de One man one club quédase moi curto para o que representa Marcos Rodríguez Rañón para o noso club. Por iso non podíamos menos que, humildemente, tentar de facer unha despedida minimamente digna e á altura do que el leva dado no campo polo noso escudo. Así que agardámosvos a todos e todas...
leer más





