Spa

Etiquetas:
21/10/2015
O CIM e a Concellaría de Igualdade de Ribadeo organizan unha xornada de descanso termal. Será o 8 de novembro a un spa na Coruña.
 
Volven os Foros Permanentes para as Mulleres, na súa novena edición cunha xornada de descanso termal a un spa na Coruña. Será o 8 de novembro. A inscrición está aberta no CIM. As prazas son limitadas. 
A concelleira de Igualdade, Mariluz Álvarez Lastra, lembra que “nove anos son que levamos nesta andaina dos Foros dende o Centro de información á Muller do Concello de Ribadeo. Nove edicións dedicadas a promover unha saúde integral das mulleres e a fomentar un tempo libre, un espazo de ocio  para elas”. 
A edil nacionalista sinalou que “os horarios no caso das mulleres son xornadas sen descanso, por mor da discriminación sufrida  historicamente e na actualidade como consecuencia da asinación dun papel vinculado ao ámbito do fogar e dos...
leer más