Vendaval Fest

10/05/2025

O salón dos alcaldes acolleu a presentación da terceira edición do Vendaval Fest, que se celebrará en Ribadeo do 25 ao 27 de xullo. 

O alcalde, Dani Vega, subliñou “a colaboración do Concello coa organización do Vendaval Fest, que tamén conta co apoio doutras administracións como a Xunta de Galicia e a Deputación de Lugo, de entidades como Acisa e de patrocinadores privados”.

O rexedor dixo que “é unha satisfacción que un colectivo de rapazas e rapaces novos organicen esta cita musical e outras moitas actividades ao longo do ano. Como por exemplo O Galiñeiro, a Festa da Ría ou a Pre Festa de Fin de Ano. Co Vendaval colaboramos e noutras actividades organizamos xunto á asociación Catro Caños”.

O deputado de Mocidade, Daniel García, parabenizou á organización por “poñer Ribadeo no mapa de...

leer más
04/05/2025

O programa do festival ribadense Vendaval Fest 2025 será presentado cun evento musical que se celebrará o día 10 de maio, sábado, a partir das 21:00 horas na Zona Vella de Ribadeo, concretamente na praza José María López.

Os organizadores anuncian: “o vindeiro sábado, 10 de maio, queremos celebrar con todos vós a presentación do cartel por días do Vendaval Fest 2025. Da man dos fantásticos Cabuxa Blue e do mítico Cherry Guelín, que nos deleitará coa mellor selección rock”.

Etiquetas:
15/04/2025

O cartel completo do Vendaval Fest 2025, que se celebrará en Ribadeo os días 25 e 26 de xullo, acaba de facerse público e está encabezado polo grupos Lendakaris Muertos, Boikot e Reincidentes. Tamén actuarán The Mothercrow, Aphonic, The Grassland Sinners, Skama La Rede, Sandford Music Factory, Cuarta Xusta, Secta, Rienda Suelta, Mecanica Rollind Band, DJ Tralla e DJ Atómica.

O festival terá lugar no aparcamento situado nas inmediacións da rotonda do bote Juanín e as entradas están á venda na web www.vendavalfest.com.

10/04/2025

Dentro do ciclo Concertos no Galiñeiro, vinculado ao Vendaval Fest, o grupo ribadense Beetle Judge e a formación The Ninetines Rock the Machine, de San Sadurniño, actuarán no Cine Teatro de Ribadeo este sábado, día 12 de abril. A apertura de portas está programada para as 22:00 horas.

A entrada anticipada ten un prezo de 8 euros e está dispoñible en www.vendavalfest.com/galiñeiro. Na taquilla custará 10 euros, pero para os menores é gratuíta.

 

13/01/2025

O grupo de death metal melódico Aneuma, da localidade asturiana de Puerto de Vega, actuará en Ribadeo o día 15 de febreiro, sábado, para presentar o seu novo espectáculo.

Será no Cine Teatro ribadense dentro do ciclo musical do Vendaval Fest. A apertura de portas está anunciada para as 22:00 horas

As entradas poden mercarse na web www.woutick.com e na taquilla do Cine Teatro Ribadeo o día do concerto.